Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O PSOE denuncia que a Marea Atlántica incumpre o acordo para financiar os desprazamentos dos clubes fóra de Galicia

A concelleira socialista Pilar Neira advirte de que o Concello cambiou unha subvención que debía xestionar o Consorcio de Turismo para financiar as viaxes dos equipos por outras axudas feitas desde a Concellaría de Deportes sen respectar este criterio

A concelleira socialista Pilar Neira ven de denunciar que a Marea Atlántica está a incumprir o acordo co Grupo Municipal Socialista para financiar os desprazamentos dos clubes coruñeses fóra de Galicia. Según este acordo, o Concello dispón dunha partida de 120.000 euros para subvencionar aos equipos da cidade que nas súas distintas disciplinas teñen que viaxar fóra da comunidade. Esta axuda tiñase que administrar desde o Consorcio de Turismo toda vez que os clubes, a cambio, facían promoción da cidade alí donde xogaban.

Pero o acontecido ten pouco que ver co acordado entre PSOE e Marea Atlántica, pois a axuda non se tramitou desde o Consorcio de Turismo e si desde a Concellería de Deportes, que lonxe de convocar axudas para financiar os desprazamentos dos clubes convocou subvencións sen ter en conta este criterio, polo que as axudas se distribuiron entre distintos equipos deixando fora a clubes que teñen a obriga de viaxar, causando un notable prexuízo y dificultando a súa economía.

Por outra banda, Pilar Neira lembra que as pistas polideportivas seguen sen ter un horario actualizado para a súa distribución entre os clubes deportivos, o que dificulta o traballo dos equipos e os adestramentos. Xa no último pleno, a concelleira socialista preguntou por esta cuestión, pero segue sen resposta.

Por todo isto, a edil Pilar Neira demanda explicacións á Marea Atlántica e confía en que se resolvan estes problemas.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Dirección: Plaza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Email: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propuestas y opiniones

resultados 73

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión