Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE esíxelle a Marea Atlántica maior control sobre as empresas concesionarias de servizos

O Grupo Socialista faise eco da denuncia do persoal do Fórum, ao que a nova empresa pretende recortar salarios e dereitos laborais. O portavoz socialista demanda que se defendan os dereitos das persoas traballadoras e que se respecten as condicións do contrato

O Grupo Municipal Socialista esíxelle a Marea Atlántica que exerza maior control sobre as empresas concesionarias de servizos municipais e en concreto sobre a nova adxudicataria do servizo de conserxería do Fórum Metropolitano, xa que as persoas traballadoras veñen de denunciar o recorte salarial e de dereitos que lles expuxo ao pouco tempo de gañar o concurso e con vistas a facerse cargo da concesión a partir do 1 de marzo.

Segundo indican as persoas traballadoras, a nova empresa quere rebaixarlles o soldo, de tal forma que para gañar o mesmo que ata agora terían que facer horas extras. Ademais, son advertidos/as de que ou asinan as novas condicións ou o 1 de marzo non se presenten no traballo. Os socialistas puxémonos a disposición dos/das traballadores/as para defender os seus dereitos.

Trátase dun problema similar a outros que xa se denunciaron por cuestións similares, como o dos conserxes dos centros cívicos, as traballadoras de limpeza dos colexios públicos... Son novos contratos con novas empresas que gañan concursos con ofertas económicas axustadas e que logo pretenden repercutir sobre o salario e as condicións laborais dos traballadores e das traballadoras.

Os socialistas rexeitamos de plano esta situación e esixímoslle a Marea Atlántica que faga cumprir os pregos e os contratos, pois non é suficiente con falar de cláusulas sociais se logo non se exerce o debido control para que se respecten os dereitos dos traballadores e das traballadoras.

Neste sentido, o portavoz socialista, José Manuel García, non entende como estas situacións se repiten con tanta frecuencia na renovación de contratos. Lémbralle a Marea Atlántica que debe estar vixiante ante estas indefensións. Por iso insta a que chamen á orde á nova empresa para que respecte as condicións do contrato.

José Manuel García insiste en que a mellora dos servizos públicos non pode estar centrada na precarización laboral das persoas traballadoras e debe estar vinculada a melloras en procesos de atención, na formación e nas instalacións.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión