Concello da Coruña

Concello da Coruña

Compensación

A Xunta de Compensación aparece como figura básica no sistema de compensación, pois é a entidade que agrupa aos propietarios de terreos dun determinado ámbito co obxecto de executar o plan correspondente para o devandito ámbito aprobado polo Concello. Ten personalidade xurídica e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

Fases no proceso de constitución da Xunta de Compensación:

  • Presentación no Concello dos estatutos e bases de actuación polos propietarios que representen máis do 50% da superficie do polígono no prazo de tres meses desde a aprobación definitiva da ordenación detallada.
  • Aprobación inicial das bases e estatutos pola Xunta de Goberno Local.
  • Información pública mediante publicación no BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante un prazo de vinte días e notificación individualizada aos propietarios afectados.
  • Aprobación definitiva polo órgano municipal competente no prazo máximo dun mes, transcorrido o cal se entenderá aprobado por silencio administrativo.
  • Notificación individualizada aos propietarios comunicándolles a aprobación definitiva das bases e estatutos e requiríndolles para que no prazo máximo dun mes constitúan a Xunta de Compensación.
  • Constituída a Xunta de Compensación, será aprobada polo órgano municipal competente. Posteriormente inscribirase no Rexistro de Entidades Urbanísticas colaboradoras, pertencente á Xunta de Galicia.
  • Trancurrido o prazo outorgado para a incorporación á Xunta de Compensación, a incorporación só será posible se non entorpece o desenvolvemento do proceso e apróbao a Xunta de Compensación.
  • En caso que algún propietario do polígono non se incorpore á Xunta de Compensación, esta poderá solicitar do municipio a expropiación dos non incorporados, ou ben, a ocupación das devanditas leiras a favor da Xunta de Compensación a fin de posibilitar a execución das obras de urbanización previstas recoñecéndose aos seus titulares o dereito á adxudicación de terreos edificables en proporción á superficie achegada coa redución adecuada para compensar os gastos de urbanización correspondentes.

Procedemento para a tramitación dun proxecto de compensación:

  • A formulación do Proxecto de Compensación corresponderalle á Xunta de Compensación; a súa tramitación realizarase de acordo co seguinte procedemento:
  • A aprobación inicial correspóndelle á Xunta de Compensación.
  • A propia Xunta de Compensación someterao a información pública, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, e practicará a notificación individualizada aos afectados.
  • Transcorrido o período de información pública, informado o proxecto de compensación, así como as alegacións presentadas, no seu caso, durante a información pública; procederase á aprobación definitiva do Proxecto de Compensación, a aprobación definitiva corresponde á Administración Municipal, o órgano competente para a adopción do devandito acordo pola Xunta de Goberno Local.
  • A aprobación definitiva notificarase aos propietarios afectados, á Xunta de Compensación e realízase unha publicación no Boletín Oficial da provincia.
  • Transcorrido o prazo establecido para interpoñer recurso de reposición e resoltos, no seu caso os recursos expostos; e cumpridas, no seu caso, as condicións impostas á Xunta de Compensación no acordo de aprobación definitiva do proxecto, emítese pola Administración municipal a declaración de firmeza en vía administrativa da aprobación do proxecto de Compensación.

Tamén che pode interesar

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión