Con esta iniciativa, o Concello promove as hortas urbanas como unha opción de lecer saudable e terapéutica, dirixida á veciñanza interesada na agricultura tradicional empregando prácticas ecolóxicas, cunha finalidade social, educativa, ambiental, terapéutica, participativa e integradora.
Esta edición do programa está deseñada para o uso dos terreos por parte de persoas físicas, entidades sen ánimo de lucro e centros de ensino. O uso individual das hortas quedará reservado para os parques de Visma, Novo Mesoiro, Eirís e Adolfo Suárez, e o uso colectivo dos terreos desenvolverase nos parques de Oza e Carlos Casares.
As persoas empadroadas no Concello da Coruña, cunha antigüidade mínima dun ano e que cumpran o resto de requisitos, poderán solicitar a autorización para usar un horto que poderán gozar desde marzo de 2026 ata o 31.12.2029.
Nesta nova convocatoria, as adxudicacións faranse por unidade familiar, comprendida por aquelas persoas que convivan e estean empadroadas no mesmo domicilio, calquera que sexa a relación de parentesco existente entre elas.
Normativas relacionadas
Trámites relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible