Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fotografía aérea do Templo Fálico e a entrada sueste á croa, entre as que se atopa o burato da fonte.

A fonte cuberta

Auga fresca no poboado

Ademais do pozo ou alxibe, o castro de Elviña contaba cun segundo sistema de abastecemento de auga no interior do poboado. Entre o Templo e a costa de acceso á acrópole, na primeira terraza, atópase unha fonte de auga. Conta cunha estrutura triangular, cunha das súas paredes construída picando directamente na rocha e as outras dúas con muros de perpiaño. Parece que, nas súas orixes, esta fonte estaba cuberta. No interior, atopamos un podio arrimado contra unha das paredes, que houbo de facer de asento ao amparo das inclemencias meteorolóxicas.

A garita do sentinela?

Durante as primeiras campañas de escavacións, José María Luengo suxeriu que esta estrutura podería tratarse dunha garita do sentinela, un espazo no que as persoas vixiantes se resgardasen. Nas seguintes escavacións, con todo, esta posibilidade foi descartada ao atoparse continuamente anegada, ademais de constatarse que brotaba auga de forma natural. Neste sentido, é necesario ter en conta que esta fonte cuberta pódese relacionar co edificio do Templo, cuestión que non sería estraña dado o habitual vínculo entre construcións relixiosas e fontes de auga, tal como sucede na maior parte da Idade do Ferro da península Ibérica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión