Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Primeira terraza

Fotografía aérea da primeira terraza, coa muralla, o alxibe e a Casa do Tesouro

A primeira terraza

Desenvolvemento urbano nun espazo resgardado

As inmellorables condicións da terraza do sur e sueste do castro, onde dá mellor o sol de mediodía e que está máis resgardada do frío vento mareiro que chega do Atlántico, converten esta zona na de maior concentración de construcións domésticas do xacemento.

Ao presentar esta zona unha pendente moi marcada, os poboadores do castro tiveron que realizar importantes traballos de acondicionamento para crear unha terraza artificial. É unha práctica que se instaura tras aprender estas técnicas construtivas dos romanos, durante o cambio de era.

Esta terraza foi a máis escavada do castro. Nela descubrimos un complexo de vivendas, como se se tratase dun barrio extramuros da acrópole, formado por numerosas unidades domésticas, e na que se atopan, entre outras construcións, o alxibe, a casa da exedra, o templo fálico e a casa do tesouro. Por ela cruza o camiño creado para as visitas guiadas.

As construcións aproveitan os espazos libres que quedan entre os numerosos afloramentos graníticos da zona. Tamén se atopan agrupacións de vivendas arredor do alxibe.

Primeira terraza

Fotografía aérea da croa e as construcións visibles da primeira terraza

Unha ampliación necesaria

Durante a Segunda Idade do Ferro produciuse un importante desenvolvemento económico e un notable crecemento da poboación en xeral, que tivo a súa correlación na ampliación dos recintos dos poboados. E o de Elviña é un claro exemplo.

Este desenvolvemento foi consecuencia directa de dous factores fundamentais: a intensificación da explotación agrícola, que é causa e resultado da consolidación da economía e a sociedade campesiña, e o desenvolvemento paulatino de relacións comerciais por vía marítima, que se potencia a partir do século II a.C. grazas aos contactos co mundo mediterráneo.

Debemos lembrar que o castro está situado nunha zona privilexiada, preto do porto e dos fértiles vales de Mesoiro e Elviña, que lle proporcionarían unha importante cantidade de recursos.

Estes cambios probablemente expliquen a complexa morfoloxía do castro de Elviña, aínda que hai que destacar que nesta terraza tamén se atoparon restos de estruturas prerromanas. Polo tanto parece axeitado pensar que o ocorrido na fase final de ocupación non foi tanto a ampliación do poboado senón a consolidación dunha zona que xa fora ampliada.

Primeira terraza

Vista da primeira terraza e a muralla da acrópole desde o leste

  • A primeira terraza

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión