Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

Os anciáns

Gardiáns da memoria colectiva

En sociedades non industriais, os maiores adoitan ter unha posición de prestixio por distintos motivos e adoitan ser tamén os que conservan a memoria colectiva da comunidade. Son eles os que poden narrar a historia do lugar e transmitir as lendas e os mitos que axudaban a comprender o mundo, un papel básico e esencial en sociedades baseadas na cultura oral. O propio Estrabón indicaba que os maiores conservaban un mellor sitio nos banquetes e actividades colectivas, pois as sociedades organizábanse por rango e idade. Non deixa de ser tentador pensar naqueles individuos máis anciáns e respectados ocupando lugares privilexiados nos bancos corridos do Templo ou da Estrutura Oval.

A pesar de que as evidencias funerarias da Idade do Ferro do Noroeste son moi escasas, noutras áreas da Península Ibérica realizáronse estudos de idade. No xacemento de Pozo Mouro (Chinchilla, Albacete) analizáronse 143 tumbas (datadas entre 500 a.C. e 1117 d.C.), obtendo datos tan interesantes como unha maior mortalidade entre mulleres de entre 15 e 40 anos, probablemente a consecuencia dunha alta mortalidade propiciada polos partos. Estes indicios sinalan que, probablemente, a idade media fose moi baixa, pero non só por unha maior taxa de mortalidade, senón pola alta mortalidade infantil, que adoita reducir en gran medida as medias de idade en sociedades con escasos recursos médicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión