Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Anciáns

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

Os anciáns

Gardiáns da memoria colectiva

Segundo Estrabón, os máis maiores tiñan un papel destacado dentro da sociedade castrexa. En datas sinaladas sentaban en lugares privilexiados nos bancos corridos da casa, sempre respectando a idade e o rango de cada cal.

A posición de respecto dentro da sociedade castrexa viña dada, entre outras cousas, polo feito de que nas súas mans atopábase a memoria colectiva. Eran eles os que podían narrar a historia épica e cotiá do lugar, converténdose en transmisores do saber, un papel especialmente importante nunha sociedade baseada na cultura oral e que non coñecía a escritura.

Sobre a esperanza de vida nos castros pouco podemos dicir xa que, ao non existir enterramentos prerromanos, é imposible efectuar ningún tipo de análise.

Se collemos datos doutros xacementos da Idade de Ferro da península Ibérica, obtemos unha esperanza media de vida de 34,6 anos, en concreto segundo os datos obtidos no xacemento de Pozo Moro (Chinchilla, Albacete) a través da análise de 143 tumbas datadas entre 500 a.C. e 1117 d.C. Ao parecer, falecían entre os 15 e os 40 anos máis mulleres que homes, de acordo cos datos obtidos na necrópole de Medellín (Badaxoz), seguramente debido á alta mortalidade como consecuencia dos partos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión