PERSOAS DESTINATARIAS
O programa vai dirixido ao alumnado de 3.º e 4.º de primaria dos centros educativos de titularidade pública de educación primaria da cidade da Coruña
Unha vez iniciada a actividade de Natación Escolar 2026-2027, e para o correcto desenvolvemento da actividade, convén lembrar os seguintes puntos importantes recollidos nas bases da convocatoria deste Programa:
Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias.
No caso de que algún alumno non vaia utilizar o servizo de autobús, xa sexa na ida, ou ao regreso da actividade, será de obrigatorio cumprimento a entrega do modelo de autorización facilitado cuberto, o cal pode descargar na seguinte ligazón:
Pode remitrse cuberta á dirección de correo programasdeportivos@coruna.gal , ou entregala directamente ao monitor acompañante do servizo de autobús. Sen esta autorización cuberta, o alumno/a deberá de utilizar o servizo de autobús, subindo e baixando na parada do propio centro educativo.
O centro garantirá a presenza dunha persoa adulta, que será ou responsable dous alumnos/as durante ou tempo que permanezan na parada.
En caso de ausencia ou atraso desta persoa responsable na recollida dalgún alumno/a, este non poderá baixar do autobús, sendo de aplicación o protocolo para estes casos (achégase).
En aplicación da Normativa de uso das instalacións deportivas, Escolas Deportivas Municipais e outras actividades (Aprobadas pola Xunta de Gobierno Local o 20 de xullo de 2007) "Os pais, nais, titores ou acompañantes, non terán acceso aos locais onde se desenvolven as clases, ao obxecto de non entorpecer a organización e ensino destas" incluídos os vestiarios.
Pode consultar as bases desta convocatoria na seguinte ligazón ou nos arquivos adxuntos no pé da páxina:
30 de Setembro de 2026 - PRAZAS DE LIBRE DISPOSICIÓN
Unha vez rematado o prazo de matrícula publícanse as prazas dispoñibles co obxectivo de que se poidan cubrir as máis posibles, pode consultalas a continuación, especificadas por piscina:
RIAZOR
| PISCINA | CENTRO ESCOLAR | DÍA | HORARIO | PRAZAS LIBRE DISPOSICIÓN |
|---|---|---|---|---|
| Riazor | CEIP Concepción Arenal | Venres | 16:15-17:00 | 9 |
| Riazor | CEIP de Prácticas | Luns | 16:15-17:00 | 1 |
| Riazor | CEIP Emilia Pardo Bazán | Luns | 17:00-17:45 | 12 |
| Riazor | CEIP Eusebio da Guarda | Mércores | 16:15-17:00 | 1 |
| Riazor | CEIP Labaca | Mércores | 16:15-17:00 | 4 |
| Riazor | CEIP María Barbeito y Cerviño | Venres | 16:15-17:00 | 1 |
| Riazor | CEIP Raquel Camacho | Luns | 16:15-17:00 | 2 |
| Riazor | CEIP San Pedro de Visma | Xoves | 16:15-17:00 | 10 |
CLUB DO MAR DE SAN AMARO
| PISCINA | CENTRO ESCOLAR | DÍA | HORARIO | PRAZAS LIBRE DISPOSICIÓN |
|---|---|---|---|---|
| Club do Mar | CEIP Alborada | Luns | 16:30-17:15 | 13 |
| Club do Mar | CEIP Cidade Vella | Mércores | 17:15-18:00 | 8 |
| Club do Mar | CEIP Curros Enriquez | Mércores | 17:15-18:00 | 10 |
| Club do Mar | CEIP José Cornide | Venres | 17:15-18:00 | 9 |
| Club do Mar | CEIP Manuel Murguía | Martes | 16:30-17:15 | 9 |
| Club do Mar | CEIP María Pita | Martes | 16:30-17:15 | 7 |
| Club do Mar | CEIP Novo Mesoiro | Luns | 16:30-17:15 | 7 |
| Club do Mar | CEIP Rosalía de Castro | Venres | 16:30-17:15 | 6 |
| Club do Mar | CEIP Sagrada Familia | Venres | 16:30-17:15 | 8 |
| Club do Mar | CEIP San Francisco Javier | Martes | 16:30-17:15 | 7 |
| Club do Mar | CEIP Torre de Hércules | Mércores | 16:30-17:15 | 5 |
| Club do Mar | CEIP Victor López Seoane | Mércores | 16:30-17:15 | 7 |
| Club do Mar | CEIP Wenceslao Fernández Flórez | Luns | 16:30-17:15 | 10 |
| Club do Mar | CEIP Zalaeta | Venres | 17:15-18:00 | 15 |
CPM SAN DIEGO
| PISCINA | CENTRO ESCOLAR | DÍA | HORARIO | PRAZAS LIBRES DISPOSICIÓN |
|---|---|---|---|---|
| San Diego | CEIP Salgado Torres | Martes | 16:00-16:45 | 5 |
| San Diego | CEIP Ramón de la Sagra | Martes | 16:45-17:30 | 3 |
| San Diego | CEIP Juan Fdez. Latorre | Xoves | 16:45-17:30 | 10 |
| San Diego | CEIP Anxo da Garda | Xoves | 16:45-17:30 | 4 |
| San Diego | CEIP Sal Lence | Xoves | 16:45-17:30 | 1 |
SOLICITUDE PRAZAS LIBRES:
Do 1 ao 10 de outubro directamente na instalación deportiva correspondente ata finalización de prazas libres, SÓ SE PERMITIRÁ A INSCRICIÓN NA MESMA PISCINA, HORARIO E DÍAS DO COLEXIO NO QUE ESTÉ MATRÍCULADO/MATRICULADA.
INICIO ACTIVIDADE NATACIÓN PARA INSCRITOS NESTE PRAZO EXTRAORDINARIO: 15 de outubro.
17 de Setembro de 2026 - SORTEO PÚBLICO, RESULTADO e LISTAXE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS
AVISO PRAZO DE MATRÍCULA - San Amaro
Por razóns de carácter técnico, a formalización da matrícula non se poderá realizar en San Amaro, no seu lugar deberá realizarse presencialmente nas seguintes instalacións e datas:
Procédese á publicación das ligazóns para o sorteo das letras de corte dos apelidos para a adxudicación de prazas para o programa Natación Escolar 2026/27, dito sorteo realizarase o día 17 de Setembro as 09:00h.:
Unha vez celebrado o sorteo público, procédese á publicación da listaxe de adxudicación de prazas, por orde alfabética, do programa "NATACIÓN ESCOLAR 2026/27", pode consultarlo na seguinte ligazón:
Listaxe Asignación Prazas - Natación Escolar 2026-27
MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN:
As persoas solicitantes da actividade, que lles CORRESPONDA MATRÍCULA, deberán efectuar un único pago de 55,07€, nas oficinas de cada centro deportivo correspondente, do 21 ao 24 de setembro, nos respectivos horarios de atención ao público.
Os colexios que acudan á Piscina Municipal de Riazor: inscrición e aboamento da cota nas oficinas de rexistro da CD Riazor (necesario pedir cita previa no 010 de atención cidadá ou na seguinte ligazón: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3 Os colexios que acudan á Piscina Municipal de San Amaro: inscrición e aboamento da cota nas oficinas do Club del Mar de San Amaro. Os colexios que acudan á Piscina de San Diego: inscrición e aboamento da cota nas oficinas do Complexo Deportivo Municipal San Diego.
Documentación que se debe presentar para a matrícula:
15 de setembro de 2026 - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLITANTES
Unha vez rematado o prazo de solicitude do programa Natación Escolar para o curso 2026/27, procedese a publicación da listaxe provisional de solicitantes, a cal pode consultar na seguinte ligazón:
Prazo de emenda de erros: dende a publicación da listaxe provisional de solicitantes, ata o día 16 de setembro de 2026, a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.
Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas, SO SE PODERÁN SUBSANAR DATOS PERSOAIS (NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, ETC.)
Seguintes fases da Convocatoria:
4 de setembro - PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario específico que está á súa disposicióna na seguinte ligazón:
PRAZOS
No caso de non formalizar a inscrición no prazo establecido, entenderase que renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
INICIO DA ACTIVIDADE
A actividade iniciarase o día 1 de outubro e finalizará o luns 31 de maio.
COTA DE INSCRICIÓN
O custo por alumno/a é de 55,07 €. Esta cota inclúe o transporte de ida e volta dende o centro e unha cobertura sanitaria.
DISTRIBUCIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS E PRAZAS OFERTADAS NAS DISTINTAS PISCINAS:
CLUB DO MAR DE SANTO AMARO
| PISCINA | CENTRO ESCOLAR | DÍA | HORARIO | PRAZAS |
| Club do Mar | CEIP Novo Mesoiro | Luns | 16:30-17:15 | 15 |
| Club do Mar | CEIP Alborada | Luns | 16:30-17:15 | 15 |
| Club do Mar | CEIP Wenceslao Fernández Flórez | Luns | 16:30-17:15 | 15 |
| Club do Mar | CEIP Manuel Murguía | Martes | 16:30-17:15 | 10 |
| Club do Mar | CEIP María Pita | Martes | 16:30-17:15 | 15 |
| Club do Mar | CEIP San Francisco Javier | Martes | 16:30-17:15 | 15 |
| Club do Mar | CEIP Torre de Hércules | Mércores | 16:30-17:15 | 20 |
| Club do Mar | CEIP Victor López Seoane | Mércores | 16:30-17:15 | 20 |
| Club do Mar | CEIP Curros Enriquez | Mércores | 17:15-18:00 | 15 |
| Club do Mar | CEIP Cidade Vella | Mércores | 17:15-18:00 | 15 |
| Club do Mar | CEIP Sagrada Familia | Venres | 16:30-17:15 | 20 |
| Club do Mar | CEIP Rosalía de Castro | Venres | 16:30-17:15 | 20 |
| Club do Mar | CEIP José Cornide | Venres | 17:15-18:00 | 10 |
| Club do Mar | CEIP Zalaeta | Venres | 17:15-18:00 | 20 |
PISCINA MUNICIPAL DE RIAZOR
| PISCINA | CENTRO ESCOLAR | DÍA | HORARIO | PRAZAS |
| Riazor | CEIP Raquel Camacho | Luns | 16:15-17:00 | 15 |
| Riazor | CEIP de Prácticas | Luns | 16:15-17:00 | 10 |
| Riazor | CEIP Emilia Pardo Bazán | Luns | 17:00-17:45 | 25 |
| Riazor | CEIP Eusebio da Guarda | Mércores | 16:15-17:00 | 15 |
| Riazor | CEIP Labaca | Mércores | 16:15-17:00 | 20 |
| Riazor | CEIP San Pedro de Visma | Xoves | 16:15-17:00 | 25 |
| Riazor | CEIP Concepción Arenal | Venres | 16:15-17:00 | 20 |
| Riazor | CEIP María Barbeito y Cerviño | Venres | 16:15-17:00 | 20 |
CPM SAN DIEGO
| PISCINA | CENTRO ESCOLAR | DÍA | HORARIO | PRAZAS |
| San Diego | CEIP Salgado Torres | Martes | 16:00-16:45 | 10 |
| San Diego | CEIP Ramón de la Sagra | Martes | 16:45-17:30 | 10 |
| San Diego | CEIP Juan Fdez. Latorre | Xoves | 16:45-17:30 | 10 |
| San Diego | CEIP Anxo da Garda | Xoves | 16:45-17:30 | 5 |
| San Diego | CEIP Sal Lence | Xoves | 16:45-17:30 | 5 |
TOTAL DE PRAZAS OFERTADAS: 415 prazas
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
As persoas solicitantes da actividade deberán efectuar un único pago de 55,07 €, nas oficinas de cada centro deportivo correspondente, do 21 ao 24 de setembro.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible