Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Novas matrículas E.D.M. - Curso 2026/27

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - NOVAS MATRÍCULAS PARA O CURSO 2026-2027

AVISO PRAZO DE MATRÍCULA - San Amaro

Por razóns de carácter técnico, a formalización da matrícula non se poderá realizar en San Amaro, no seu lugar deberá realizarse presencialmente nas seguintes instalacións e datas:

  • Palacio de los Deportes de Riazor: 28 de setembro. 08:15h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h
  • Cidade Deportiva de A Torre: 29 de setembro. 08:15 a 14:00h

16 de setembro - LISTAXE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA

Procédese á publicación da listaxe de adxudicación de prazas e de agarda das Actividades Deportivas Municipais curso 2026-27, organizada por actividade.A adxudicación realizouse aplicando os criterios de preferencia indicados na base 3.3.5 da convocatoria e tendo en conta o número obtido no sorteo: 468.

Pode consultala na seguinte ligazón:

Orde de asignacion de prazas:

  1. Empadroados no Concello da Coruña non inscritos nalgunha actividade e preferencia da actividade: Opción 1 e Opción 2.
  2. Empadroados no Concello da Coruña inscritos en algunha actividade e preferencia da actividade: Opción 1 e Opción 2.
  3. Non Empadroados no Concello da Coruña non inscritos nalgunha actividade e preferencia da actividade: Opción 1 e Opción 2.
  4. Non Empadroados no Concello da Coruña inscritos en algunha actividade e preferencia da actividade: Opción 1 e Opción 2.
  5. Número de sorteo segundo o numero obtido no sorteo do dia 15 de Setembro (468)

MATRÍCULA DE PERSOAS ADMITIDAS: 21 ao 28 de setembro de 2026

PRAZAS DE XESTIÓN DIRECTA (nesta modalidade están excluídas as actividades do Club do Mar de Santo Amaro e do CPM San Diego)

  1. En liña: a través da plataforma Cronos Web (https://coruna.gal/CronosWeb/Login)O acceso efectuarase de xeito identificado. No caso de menores, será o pai, a nai ou titor/a quen actúe como operador/a e tramite a matrícula. Horario ininterrompido: dende o día 21 ata o día 28 de setembro as 23.59 h
  2. Presencial: nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes:
    • 21 ao 28 de setembro: Palacio dos Deportes de Riazor, no horario das 08.15 ás 14.00 h de luns a venres, excluídos os festivos.
    • 22 e 23 de setembro: Cidade Deportiva da Torre, no horario das 08.15 ás 14.00 h de luns a venres, excluídos os festivos.

A atención presencial efectuarase preferentemente con cita, que se poderá concertar en https://citaprevia.coruna.gal/ ou no teléfono de atención á cidadanía 010. Será necesario concertar unha cita por cada matrícula que se vaia tramitar.

Coa non formalización da matrícula nas datas indicadas entenderase que o/a solicitante, e se é o caso as súas persoas titoras legais, renuncian á solicitude.

Documentación que se debe achegar:

  • Maiores de 14 anos: DNI
  • Menores de 14 anos: DNI, de non telo o Libro de Familia, e DNI dos/as proxenitores/as ou titores/as.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: o documento legal que a acredite a tutela e do DNI do/a titor/a.

XESTIÓN DAS LISTAXES E MATRÍCULAS EDM CPM SAN DIEGO E CLUB DO MAR DE SANTO AMARO:

  • As inscricións e demais xestións das actividades das EDM que se desenvolven nas instalacións de San Diego e San Amaro realizaranse, nas mesmas datas, nos devanditos centros deportivos dentro do seu horario de atención ao público.
  • A listaxe de agarda das actividades desenvolvidas nestas instalacións xestionaranse directamente desde o Complexo Deportivo San Diego e Club do Mar de San Amaro.

14 e 15 de setembro - LISTAXE DEFINITIVA E LIGAZÓN DO SORTEO

Tras a finalización do prazo para a corrección de erros, procédese á publicación da listaxe definitiva das solicitudes admitidas para o sorteo, así como as descartadas, para as actividades das EDM para o curso 2026/27:

As solicitudes descartadas non participarán no proceso para a adxudicación de prazas.

O sorteo está previsto para o día 15 de setembro de 2026, ás 09:00h. Pódese seguir en directo na seguinte ligazón:

Publicación da listaxe de persoas admitidas e en listaxe de agarda: 16 de setembro de 2026

9 de setembro - LISTAXE PROVISIONAL

Publícase a listaxe provisional de solicitantes das actividades das EDM para o curso 2026-27:

CORRECCIÓN DE ERROS: ábrese o prazo para a corrección de erros dende esta publicación e ata o 11 de setembro de 2026 ás 23.59 h a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal. No asunto figurará o nome completo da persoa para a que se solicitou praza e un teléfono de contacto.

De acordo co establecido na base 3.5 da convocatoria, durante este prazo de corrección non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas, nin se atenderá a outros datos máis que os consignados no formulario de solicitude.

28 de agosto - CONVOCATORIA

Esta convocatoria pública regula a oferta de prazas libres das Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2026-2027. A duración das actividades estenderase dende outubro de 2026 a xuño de 2027, seguindo o calendario escolar aprobado pola Xunta de Galicia no relativo a festivos, vacacións de Nadal etc.

Nesta páxina web reflíctese un extracto da información recollida no anexo á convocatoria. Pode consultar o anexo que regula esta convocatoria no documento adxunto no pé de páxina ou na seguinte ligazón:

PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán solicitar praza todas as persoas que cumpran os requisitos da convocatoria. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.  

SOLICITUDES

O prazo abranguerá desde o 1 de setembro ás 08.00 h ata o 7 de setembro de 2026 ás 23.59 h.

As solicitudes presentaranse unicamente través do FORMULARIO habilitado na Sede Electrónica do Concello da Coruña no apartado correspondente a "Convocatoria de prazas libres das Escolas Deportivas Municipais" da páxina web municipal de Deportes ( Deportes Coruña ):

As solicitudes que non utilicen o dito formulario na Sede Electrónica do Concello da Coruña quedarán automaticamente descartadas.

O Servizo Municipal de Deportes poderá comprobar de oficio os datos solicitados.

Cada persoa só poderá presentar unha única solicitude cun máximo de dúas opcións de actividades por orde de preferencia. No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, e anularanse con esta todas as feitas con anterioridade.

Segundo a base 5 apartado C da Convocatoria EDM 2025-26: para matricularse nos grupos das EDM de Natación de 9-11, 12-17, +18, + 65 Intenso, Natación adaptada e Waterpolo é requisito ser capaz de nadar 25 m sen tocar fondo nin suxeitarse a medios auxiliares fixos ou móbiles. Para o grupo de natación +18 Intenso é preciso saber nadar 100 metros empregando dous estilos. Para o resto dos grupos non é preciso saber nadar.

IDADES

Solicitaranse as actividades en función da idade da persoa que desexa participar. Para estes efectos, considerarase a idade referida na data do 31 de decembro de 2026.

OFERTA DE ACTIVIDADE E PRAZAS

Pódese consultar a oferta de prazas nos despregables que están a continuación, no documento anexo no pé da páxina ou directamente no formulario de preinscrición.

Ofértanse un total de 1.140 prazas, distribuídas da seguinte forma:

EDM 6-8, 9-11 e 12-17 ANOS (DESPREGABLE)

CÓDIGO CLASE EDM PRAZAS LIBRES FRANXA DE IDADES INSTALACIÓN
4281 AIKIDO 6-8 ANOS RIAZOR ME 18:00-19:00 12 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4299 JUDO 6-8 ANOS RIAZOR LU 18:00-19:00 10 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4371 MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 18:00-19:00 6 6-8 ANOS C.D. TORRE
4372 MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 19:00- 20:00 8 6-8 ANOS C.D. TORRE
4533 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU 16:30-17:15 4 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4386 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:15-18:00 4 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4387 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 8 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4388 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 10 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4389 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 5 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4390 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 9 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4391 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 7 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4392 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 18:45-19.30 8 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4393 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 19:30-20:15 3 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4534 NATACIÓN INIC. 6-8 ANOS RIAZOR ME 16:30-17:15 3 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4358 PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:30-18:15 12 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4359 PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:15-19:00 11 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4819 WATERPOLO 6-8 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 6 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4382 XIMNASIA INIC. 6-8 ANOS SAG FAM MA-XO 18:00-18:45 10 6-8 ANOS POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
10.2.27.16.02.0.01 NATACIÓN -  6 A 8 ANOS - MA-XO 17:30 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (7 PRAZAS) 7 6-8 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.02.0.02 NATACIÓN -  6 A 8 AÑOS - LU-ME 16:45 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (5 PRAZAS) 5 6-8 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.02.0.03 NATACIÓN -  6 A 8 AÑOS - LU-ME 16:45 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (8 PRAZAS) 8 6-8 ANOS CPM SAN DIEGO
01.SAM NATACIÓN PERFECC - 6 A 8 ANOS - LU-ME-VE 18:00 - SAN AMARO 6 6-8 ANOS SAN AMARO
02.SAM NATACIÓN PERFECC - 6 A 8 ANOS - MA-XO 18:00 - SAN AMARO 6 6-8 ANOS SAN AMARO
CÓDIGO CLASE EDM PRAZAS LIBRES FRANXA DE IDADES INSTALACIÓN
4282 AIKIDO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 7 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4284 ATLETISMO 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 13 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4287 BÁDMINTON 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 12 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4509 BOXEO 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 11 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4292 ESGRIMA 9-11 ANOS CASA AUGA LU-ME 18:00-19:00 8 9-11 ANOS CASA DA AUGA
4300 JUDO 9-11 ANOS RIAZOR LU-VE 19:00-20:00 8 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4445 NATACIÓN PERFEC 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 17:15-18:00 13 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4446 NATACIÓN PERFEC 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 22 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4447 NATACIÓN PERFEC 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 11 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4448 NATACIÓN PERFEC 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:45-19:30 21 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4452 NATACIÓN INIC. 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:15-18:00 6 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4540 NATACIÓN PERFEC. 9-11 ANOS RIAZOR LU 16:30-17:15 4 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4538 NATACIÓN PERFEC. 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:15-18:00 7 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
6127 PATINAXE ART. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 16:45-17:30 10 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4360 PATINAXE ART. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 19:00-19:45 8 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4380 TENIS 9-11 ANOS NOVO MESOIRO ME-VE 17:00-18:00 6 9-11 ANOS POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO
4377 TENIS 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 4 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4378 TENIS 9-11 ANOS RIAZOR ME-VE 19:00-20:00 6 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4374 TENIS 9-11 ANOS TORRE LU-ME 19:00-20:00 5 9-11 ANOS C.D. TORRE
4844 WATERPOLO 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 5 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4383 XIMNASIA INIC. 9-11 ANOS SAG FAM MA-XO 18:45-19:30 6 9-11 ANOS POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
10.2.27.16.03.0.02 NATACIÓN -  9 A 11 AÑOS - MA-XO 16:45 - SIN NIVEL - SAN DIEGO - (2 PRAZAS) 2 9-11 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.03.0.03 NATACIÓN -  9 A 11 AÑOS - MA-XO 16:45 - SIN NIVEL - SAN DIEGO - (8 PRAZAS) 8 9-11 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.03.0.04 NATACIÓN -  9 A 11 AÑOS - LU-ME 16:45 - SIN NIVEL - SAN DIEGO - (7 PRAZAS) 7 9-11 ANOS CPM SAN DIEGO
03.SAM NATACIÓN PERFECC - 9 A 11 ANOS - LU-ME-VE 18:45 - SAN AMARO 6 9-11 ANOS SAN AMARO
04.SAM NATACIÓN PERFECC - 9 A 11 ANOS - MA-XO 18:45 - SAN AMARO 1 9-11 ANOS SAN AMARO
CODIGO CLASE EDM PRAZAS LIBRES FRANXA DE IDADES INSTALACIÓN
4283 ATLETISMO 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:00-20:00 7 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4286 BADMINTON 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 1 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
6123 BOXEO 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 17:00-18:00 10 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4513 BOXEO 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 17:30-18:30 10 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4809 BUJUTSU 12-17 ANOS RIAZOR ME 17:00-18:00 15 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4290 ESCALADA 12-17 RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 3 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4291 ESGRIMA 12-17 ANOS CASA AUGA LU-ME 18:00-19:00 2 12-17 ANOS CASA DA AUGA
4441 NATACIÓN PERF. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 16 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4442 NATACIÓN PERF. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 17 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4443 NATACIÓN PERF. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 24 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4541 NATACIÓN PERFEC. 12-17 ANOS RIAZOR ME 16:30-17:15 4 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4889 NATACIÓN INIC. 12-17 ANOS RIAZOR VE 19:30-20:15 8 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4354 PADEL 12-17 ANOS TORRE LU-ME 18:00-19:00 6 12-17 ANOS C.D. TORRE
4355 PADEL 12-17 ANOS TORRE MA-XO 18:00-19:00 6 12-17 ANOS C.D. TORRE
4356 PATINAXE ART. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:45-20:30 13 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4839 TENIS 12-17 ANOS NOVO MESOIRO MA-XO 15:45-16:45 8 12-17 ANOS POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO
4379 TENIS 12-17 ANOS NOVO MESOIRO ME-VE 16:00-17:00 2 12-17 ANOS POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO
4376 TENIS 12-17 ANOS RIAZOR ME-VE 18:00-19:00 4 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4381 XIMNASIA INIC 12-17 ANOS SAG FAM MA-XO 19:30-20:15 11 12-17 ANOS POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
10.2.27.16.04.0.01 NATACIÓN -  12 A 17 ANOS - MA-XO 17:30 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (1 PRAZAS) 1 12-17 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.04.0.02 NATACIÓN -  12 A 17 ANOS - LU-ME 17:30 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (5 PRAZAS) 5 12-17 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.04.0.03 NATACIÓN -  12 A 17 ANOS - LU-ME 17:30 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (8 PRAZAS) 8 12-17 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.04.0.04 NATACIÓN -  12 A 17 ANOS - LU-ME 17:30 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (10 PRAZAS) 10 12-17 ANOS CPM SAN DIEGO
05.SAM NATACIÓN PERFECC - 12 A 17 ANOS - LU-ME-VE 19:30 - SAN AMARO 8 12-17 ANOS SAN AMARO
06.SAM NATACIÓN PERFECC - 12 A 17 ANOS - MA-XO 19:30 - SAN AMARO 5 12-17 ANOS SAN AMARO

EDM 18-64 ANOS (DESPREGABLE)

CÓDIGO CLASE EDM PRAZAS LIBRES FRANXA DE IDADES INSTALACIÓN
4279 ADESTRAMENTO +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 16:15-17:15 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4280 ADESTRAMENTO +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 4 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4278 ADESTRAMENTO +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 17:30-18:30 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4841 ADESTRAMENTO +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
6128 BÁDMINTON +18 RIAZOR LU 17:00-18:00 7 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4285 BÁDMINTON +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4289 BAILE SALÓN-LATINOS +18 INIC RZR MA-XO 16:00-17:00 7 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4288 BAILE SALÓN-LATINOS +18 PERF RZR LU-ME 16:00-17:00 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4835 COSTAS SAUDABLES +18 RIAZOR MA-VE 18:00-19:00 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4836 COSTAS SAUDABLES +18 RIAZOR MA-VE 19:00-20:00 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4840 COSTAS SAUDABLES +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4826 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 08:00-08:45 8 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4296 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-ME-VE 11:15-12:00 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4294 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 20:15-21:00 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4295 GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 21:00-21:45 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4298 IOGA +18 ROSALES LU-ME 10:30-11:30 7 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4297 IOGA +18 TORRE MA-XO 09:15-10:15 8 18-64 ANOS C.D. TORRE
4331 MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 20:30-21:30 3 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4332 MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 21:30-22:30 4 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4314 MANTEMENTO +18 RIAZOR LU-ME-VE 11:00-12:00 4 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4316 MANTEMENTO +18 RIAZOR LU-ME-XO 21:00-22:00 5 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4306 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-VE 20:00-21:00 4 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4307 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-VE 21:00-22:00 8 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4308 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-XO 10:00-11:00 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4309 MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-XO 11:00-12:00 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4338 MANTEMENTO +18 ROSALES MA-XO 10:00-11:00 1 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4339 MANTEMENTO +18 ROSALES MA-XO 18:00-19:00 1 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4343 MANTEMENTO +18 SAN FCO XABIER LU-ME-VE 20:00-21:00 1 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO JAVIER
4344 MANTEMENTO +18 SAN FCO XABIER LU-ME-VE 21:00-22:00 3 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO JAVIER
6124 MANTEMENTO +18 TORRE MA-XO 17:00-18:00 3 18-64 ANOS C.D. TORRE
4451 NATACIÓN INIC. +18 RIAZOR MA 16:30-17:15 8 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
6125 NATACIÓN INTENSA +18 RIAZOR LU 15:30-16:15 7 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4830 NATACIÓN INTENSA +18 RIAZOR LU-ME 11:45-12:30 4 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4421 NATACIÓN INTENSA +18 RIAZOR LU-ME 21:45-22:30 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4420 NATACIÓN INTENSA +18 RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
6126 NATACIÓN INTENSA +18 RIAZOR VE 20:15-21:00 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4394 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4395 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 4 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4396 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4397 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 20:15-21:00 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4399 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 21:45-22:30 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4413 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 08:00-08:45 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4414 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 08:45-09:30 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4417 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 11:00-11:45 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4418 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 12:30-13:15 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4419 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 13:15-14:00 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4401 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 08:45-09:30 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4404 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 11:00-11:45 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4405 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 11:45-12:30 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4406 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 12:30-13:15 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4407 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 13:15-14:00 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4408 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4409 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 18:45-19:30 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4479 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 19:30-20:15 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4410 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 20:15-21.00 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4411 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 21:00-21:45 4 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4412 NATACIÓN PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 3 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4546 PADEL +18 TORRE LU-ME 10:00-11:00 2 18-64 ANOS C.D. TORRE
4547 PADEL +18 TORRE LU-ME 11:00-12:00 7 18-64 ANOS C.D. TORRE
4348 PADEL +18 TORRE LU-ME 16:00-17:00 6 18-64 ANOS C.D. TORRE
4350 PADEL +18 TORRE LU-ME 19:00-20:00 6 18-64 ANOS C.D. TORRE
4548 PADEL +18 TORRE LU-ME 20:00-21:00 3 18-64 ANOS C.D. TORRE
4845 PADEL +18 TORRE LU-ME 21:00-22:00 2 18-64 ANOS C.D. TORRE
4549 PADEL +18 TORRE MA-XO 10:00-11:00 1 18-64 ANOS C.D. TORRE
4550 PADEL +18 TORRE MA-XO 11:00-12:00 2 18-64 ANOS C.D. TORRE
4351 PADEL +18 TORRE MA-XO 16:00-17:00 2 18-64 ANOS C.D. TORRE
4352 PADEL +18 TORRE MA-XO 17:00-18:00 5 18-64 ANOS C.D. TORRE
4842 PADEL +18 TORRE MA-XO 21:00-22:00 4 18-64 ANOS C.D. TORRE
4362 PILATES +18 BARRIO LU-ME 10:00-11:00 1 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4827 PILATES +18 NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 16 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO
4365 PILATES +18 RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 2 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4366 PILATES +18 RIAZOR LU-ME-VE 20:00-21:00 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4368 PILATES +18 ROSALES LU-ME 09:30-10:30 4 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4369 PILATES +18 ROSALES MA-XO 08:00-09:00 9 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4364 PILATES +18 TORRE MA-XO 11:00-12:00 3 18-64 ANOS C.D. TORRE
4817 TONIFICACIÓN MÁQUINAS +18 RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 1 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4535 TONIFICACIÓN MÁQUINAS +18 RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 4 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4851 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 8 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4852 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 6 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4821 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 5 18-64 ANOS C.D. RIAZOR
4822 ZUMBA +18 ROSALES MA-XO 11:00-12:00 5 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4831 ZUMBA +18 SAN FCO. XABIER LU-ME 18:00-19:00 2 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO JAVIER
4850 ZUMBA +18 SAN FCO. XABIER MA-XO 18:00-19:00 6 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO JAVIER
4833 ZUMBA +18 SAN FRANCISCO XABIER LU-ME 19:00-20:00 4 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO JAVIER
4820 ZUMBA +18 SAN FRANCISCO XABIER MA-XO 19:00-20:00 5 18-64 ANOS POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO JAVIER
4346 MARCHA NÓRDICA +18/+65 RIAZOR LU-ME 10:00-11:00 1 18/65 ANOS C.D. RIAZOR
10.2.27.16.06.0.01 NATACIÓN -  ADULTOS INICIACIÓN - LU-ME 8:45 - INICIACIÓN - SAN DIEGO - (1 PRAZA) 1 18 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.06.2.01 NATACIÓN -  ADULTOS PERFECCIONAMIENTO  - MA-XO 8:45 - PERFECCIONAMENTO - SAN DIEGO - (1 PRAZA) 1 18 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.06.2.02 NATACIÓN -  ADULTOS PERFECCIONAMIENTO  - MA-XO 10:15 - PERFECCIONAMENTO - SAN DIEGO - (1 PRAZA) 1 18 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.07.3.01 MANTEMENTO (EN SECO) -  ADULTOS - LU-ME 11:00 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (1 PRAZA) 1 18 ANOS CPM SAN DIEGO
SAM.14 NATACIÓN +18 PERFE LU-ME-VE 08:45 - SAN AMARO 3 18 ANOS SAN AMARO
SAM.15 NATACIÓN +18 PERFE LU-ME-VE 09:30 - SAN AMARO 1 18 ANOS SAN AMARO
SAM.16 NATACIÓN +18 PERFE LU-ME-VE 10:15 - SAN AMARO 1 18 ANOS SAN AMARO
SAM.17 NATACIÓN +18 PERFE LU-ME-VE 11:00 - SAN AMARO 7 18 ANOS SAN AMARO
SAM.18 NATACIÓN +18 PERFE LU-ME-VE 11:45 - SAN AMARO 7 18 ANOS SAN AMARO
SAM.19 NATACIÓN +18 PERFE LU-ME-VE 21:00 - SAN AMARO 3 18 ANOS SAN AMARO
SAM.20 NATACIÓN +18 PERFE MA-XO 08:00 - SAN AMARO 3 18 ANOS SAN AMARO
SAM.21 NATACIÓN +18 PERFE MA-XO 08:45 - SAN AMARO 2 18 ANOS SAN AMARO
SAM.22 NATACIÓN +18 PERFE MA-XO 09:30 - SAN AMARO 8 18 ANOS SAN AMARO
SAM.23 NATACIÓN +18 PERFE MA-XO 10:15 - SAN AMARO 5 18 ANOS SAN AMARO
SAM.24 NATACIÓN +18 PERFE MA-XO 11:00 - SAN AMARO 6 18 ANOS SAN AMARO
SAM.25 NATACIÓN +18 PERFE MA-XO 20:15 - SAN AMARO 1 18 ANOS SAN AMARO
SAM.26 NATACIÓN +18 PERFE MA-XO 21:45 - SAN AMARO 5 18 ANOS SAN AMARO

EDM +65 ANOS (DESPREGABLE)

CÓDIGO CLASE EDM PRAZAS LIBRES FRANXA DE IDADES INSTALACIÓN
4346 MARCHA NÓRDICA +18/+65 RIAZOR LU-ME 10:00-11:00 1 18/65 ANOS C.D. RIAZOR
4537 BÁDMINTON +65 INTENSO TORRE MA-XO 12:00-13:00 2 65 ANOS C.D. TORRE
4543 COSTAS SAUDABLES +65 RIAZOR MA-XO 16:30-17:30 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4843 COSTAS SAUDABLES +65 RIAZOR ME-VE 16:00-17:00 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4554 IOGA +65 ROSALES LU-ME 11:30-12:30 1 65 ANOS POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4337 MANTEMENTO +65 BAR MA-XO 12:00-13:00/VE11:00-12:00 9 65 ANOS POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4335 MANTEMENTO +65 BARRIO LU-MA-XO 09:00-10:00 5 65 ANOS POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4336 MANTEMENTO +65 BARRIO LU-MA-XO 11:00-12:00 3 65 ANOS POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4333 MANTEMENTO +65 BARRIO ME-VE 09:00-10:00 3 65 ANOS POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4312 MANTEMENTO +65 INT. RIAZOR LU-ME-VE 09:00-10:00 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4313 MANTEMENTO +65 INT. RIAZOR LU-ME-VE 10:00-11:00 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4837 MANTEMENTO +65 INT. RIAZOR MA-XO 12:00-13:00 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4342 MANTEMENTO +65 INT. SAG FAM LU-ME-VE 21:00-22:00 5 65 ANOS POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
4324 MANTEMENTO +65 INTENSO RIAZOR LU-ME-VE 08:00-09:00 2 65 ANOS C.D. RIAZOR
4315 MANTEMENTO +65 INTENSO RIAZOR LU-ME-VE 18:30-19:30 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4322 MANTEMENTO +65 INTENSO RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4302 MANTEMENTO +65 INTENSO TORRE LU-ME-VE 10:00-11:00 1 65 ANOS C.D. TORRE
4327 MANTEMENTO +65 RIAZOR LU-ME-VE 10:30-11:15 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4328 MANTEMENTO +65 RIAZOR LU-ME-VE 11:15-12:00 6 65 ANOS C.D. RIAZOR
4329 MANTEMENTO +65 RIAZOR LU-ME-VE 12:00-12:45 4 65 ANOS C.D. RIAZOR
4330 MANTEMENTO +65 RIAZOR LU-ME-VE 12:45-13:30 6 65 ANOS C.D. RIAZOR
4318 MANTEMENTO +65 RIAZOR MA-XO 11:15-12:00 2 65 ANOS C.D. RIAZOR
4319 MANTEMENTO +65 RIAZOR MA-XO 12:00-12:45 2 65 ANOS C.D. RIAZOR
4320 MANTEMENTO +65 RIAZOR MA-XO 12:45-13:30 6 65 ANOS C.D. RIAZOR
4340 MANTEMENTO +65 SAGRADA FAM LU-ME-VE 19:00-20:00 1 65 ANOS POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
4303 MANTEMENTO +65 TORRE LU-ME-VE 09:15-10:00 3 65 ANOS C.D. TORRE
4304 MANTEMENTO +65 TORRE LU-ME-VE 12:00-12:45 2 65 ANOS C.D. TORRE
4305 MANTEMENTO +65 TORRE LU-ME-VE 12:45-13:30 3 65 ANOS C.D. TORRE
6139 MANTEMENTO +80 RIAZOR MA-XO 10:00-10:45 13 65 ANOS C.D. RIAZOR
6140 MANTEMENTO +80 RIAZOR MA-XO 10:45-11:30 7 65 ANOS C.D. RIAZOR
4347 MARCHA NÓRDICA +65 TORRE LU-ME 11:30-12:30 4 65 ANOS C.D. TORRE
4424 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RIAZOR MA-XO 09:00-09:40 2 65 ANOS C.D. RIAZOR
4425 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RIAZOR MA-XO 09:40-10:20 5 65 ANOS C.D. RIAZOR
4426 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RIAZOR MA-XO 10:20-11:00 2 65 ANOS C.D. RIAZOR
4427 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RIAZOR MA-XO 11:00-11:40 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4428 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RIAZOR MA-XO 11:40-12:20 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4429 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RIAZOR MA-XO 12:20-13:00 7 65 ANOS C.D. RIAZOR
4430 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RIAZOR MA-XO 13:00-13:40 3 65 ANOS C.D. RIAZOR
4431 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RIAZOR MA-XO 13:40-14:20 7 65 ANOS C.D. RIAZOR
4432 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR  LU-ME-VE 08:20-09:00 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4433 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR LU-ME-VE 09:00-09:40 3 65 ANOS C.D. RIAZOR
4434 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR LU-ME-VE 09:40-10:20 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4435 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR LU-ME-VE 10:20-11:00 2 65 ANOS C.D. RIAZOR
4436 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR LU-ME-VE 11:00-11:40 3 65 ANOS C.D. RIAZOR
4437 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR LU-ME-VE 11:40-12:20 6 65 ANOS C.D. RIAZOR
4438 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR LU-ME-VE 12:20-13:00 3 65 ANOS C.D. RIAZOR
4439 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR LU-ME-VE 13:00-13:40 7 65 ANOS C.D. RIAZOR
4440 NATACIÓN E XIM. AC. +65 RZR LU-ME-VE 13:40-14:20 7 65 ANOS C.D. RIAZOR
4423 NATACIÓN INTENSA +65 RIAZOR LU-XO 16:30-17:15 5 65 ANOS C.D. RIAZOR
4557 PILATES +65 BARRIO LU-ME 11:00-12:00 1 65 ANOS POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4367 PILATES +65 INTENSO RIAZOR LU-ME-VE 12:00-13:00 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4555 PILATES +65 RIAZOR LU-ME 19:00-20:00 1 65 ANOS C.D. RIAZOR
4556 PILATES +65 TORRE MA-XO 10:15-11:00 1 65 ANOS C.D. TORRE
10.2.27.16.07.0.03 NATACIÓN -  ADULTOS + 65 ANOS BORDO - LU-ME 11:45 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (4 PRAZAS) 4 65 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.07.0.05 NATACIÓN -  ADULTOS + 65 ANOS BORDO - MA-XO 11:45 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (2 PRAZAS) 2 65 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.07.0.06 NATACIÓN -  ADULTOS + 65 ANOS BORDO - MA-XO 10:15 - SEN NIVEL - SAN DIEGO - (1 PRAZA) 1 65 ANOS CPM SAN DIEGO
10.2.27.16.07.1.02 NATACIÓN -  ADULTOS + 65 ANOS CARRIL CENTRAL - LU-ME 10:15 - MEDIO - SAN DIEGO - (3 PRAZAS) 3 65 ANOS CPM SAN DIEGO
SAM.07 NATACIÓN +65 INI/PERFE LU-ME-VE 11:00 - SAN AMARO 4 65 ANOS SAN AMARO
SAM.08 NATACIÓN +65 INI/PERFE LU-ME-VE 11:45 - SAN AMARO 4 65 ANOS SAN AMARO
SAM.09 NATACIÓN +65 INI/PERFE LU-ME-VE 12:30 - SAN AMARO 3 65 ANOS SAN AMARO
SAM.10 NATACIÓN +65 INI/PERFE MA-XO 10:15 - SAN AMARO 2 65 ANOS SAN AMARO
SAM.11 NATACIÓN +65 INI/PERFE MA-XO 11:00 - SAN AMARO 1 65 ANOS SAN AMARO
SAM.12 NATACIÓN +65 INI/PERFE MA-XO 12:30 - SAN AMARO 1 65 ANOS SAN AMARO
SAM.13 NATACIÓN +65 INI/PERFE MA-XO 12:30 - SAN AMARO 1 65 ANOS SAN AMARO

PRAZOS RESUMIDOS

  • Presentación de solicitudesdesde o 1 de setembro ás 08.00 h, ata o 7 de setembro de 2026 ás 23.59 h
  • Listaxe provisional de solicitantes9 de setembro de 2026
  • Corrección de errosdesde a publicación da listaxe ata o 11 de setembro de 2026 ás 23.59 h
  • Listaxe definitiva de solicitantes14 de setembro de 2026
  • Sorteo: 15 de setembro de 2026 ás 09.00 h
  • Listaxe de persoas admitidas e en listaxe de agarda: 16 de setembro de 2026
  • Matrículas de persoas admitidas: segundo a listaxe de persoas admitidas desde o 21 de setembro ao 28 de setembro de 2026
  • Publicación do 1.º movemento de listaxe de agarda - XESTIÓN DIRECTA7 de outubro de 2026.
  • Matrícula do 1.º movemento da lista de espera - XESTIÓN DIRECTA8 ao 13 de outubro de 2026 as 23.59 h
  • Publicación do 2.º movemento da lista de espera - XESTIÓN DIRECTA: 15 de outubro de 2026.
  • Matrícula do 2.º e último movemento da lista de espera - XESTIÓN DIRECTA: 19 ao 22 de outubro de 2026 as 23.59 h
  • Publicación das prazas a libre disposición: 23 de outubro 
    • Matrículas: para 6 a 18 anos e maiores de 18 anos: dende o 26 de outubro de 2026 ao 31 de marzo de 2027

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS E NORMAS XENÉRICAS:

- LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA

Inicialmente, soamente se poderá obter unha praza neste proceso da convocatoria.

Posteriormente, no caso de que queden prazas libres e logo de ser activada a listaxe de agarda, as persoas que o desexen poderán obter unha praza vacante (a partir do 28 de outubro ) se aboan a taxa correspondente e sen necesidade de participar en ningún procedemento.

- PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Unha vez presentadas todas as solicitudes de preinscrición, esta lista publicarase nesta páxina web, para coñecemento xeral, o 9 de setembro de 2026, e asignarase un número para o sorteo público e na que se poderán revisar os datos persoais. Aclárase que:

a) Unha vez presentadas todas as solicitudes de preinscrición, confeccionarase unha listaxe por orde cronolóxica de entrada ascendente de hora, minuto e segundo e asignaráselle a cada unha delas un número de solicitude en función desa orde. Este número será o que se tome de referencia en todo o procedemento.

b) No suposto de que existan dúas ou máis solicitudes presentadas no mesmo momento, asignaráselles o número tendo en conta a orde alfabética (tamén ascendente) dos apelidos.

- CORRECCIÓN DE ERROS

Desde a publicación da listaxe ata o 11 de setembro de 2026 ás 23.59 h a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.

No correo electrónico figurará no asunto o nome completo da persoa para a que se solicitou a praza e un teléfono de contacto.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas, nin se atenderá a outros datos máis que os consignados no formulario de solicitude

- LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES (numerada):

14 de setembro de 2026

- SORTEO PÚBLICO

No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas realizarase un sorteo público para establecer o número referente para adxudicación que será o primeiro admitido e as seguintes adxudicacións, sempre e cando cumpran os requisitos destas bases. Realizarase o 15 de setembro de 2026 ás 09.00 h.

Orde de preferencia para adxudicación:

  • As persoas empadroadas no Concello da Coruña
  • Non estar inscritos en ningunha actividade (a orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude (opción 1 ou opción 2), *se entra na primeira opción, descártase a segunda automaticamente
  • Empadroados/as inscritos/as nalgunha actividade
  • Non empadroados/as nin inscritos/as en ningunha actividade
  • Non empadroados/as inscritos/as nalgunha actividade
  • O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público.

Se unha persoa por sorteo entra nas dúas opcións, logo deste proceso, só se poderá matricular nunha delas neste período da convocatoria.

- LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E EN LISTAXE DE AGARDA

Publicarase o día 16 de setembro de 2026.

- MATRÍCULA DE PERSOAS ADMITIDAS

21 ao 28 de setembro de 2026

PRAZAS DE XESTIÓN DIRECTA (nesta modalidade están excluídas as actividades do Club do Mar de Santo Amaro e do CPM San Diego)

  1. En liña: a través da plataforma Cronos Web (https://coruna.gal/CronosWeb/Login) O acceso efectuarase de xeito identificado. No caso de menores, será o pai, a nai ou titor/a quen actúe como operador/a e tramite a matrícula. Horario ininterrompido: dende o día 21 ata o día 28 de setembro as 23.59 h
  2. Presencial: nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes:
    • 21 ao 28 de setembro: Palacio dos Deportes de Riazor, no horario das 08.15 ás 14.00 h de luns a venres, excluídos os festivos.
    • 22 e 23 de setembro: Cidade Deportiva da Torre, no horario das 08.15 ás 14.00 h de luns a venres, excluídos os festivos.

A atención presencial efectuarase preferentemente con cita, que se poderá concertar en https://citaprevia.coruna.gal/ ou no teléfono de atención á cidadanía 010. Será necesario concertar unha cita por cada matrícula que se vaia tramitar.

Coa non formalización da matrícula nas datas indicadas entenderase que o/a solicitante, e se é o caso as súas persoas titoras legais, renuncian á solicitude.

Documentación que se debe achegar:

  • Maiores de 14 anos: DNI
  • Menores de 14 anos: DNI, de non telo o Libro de Familia, e DNI dos/as proxenitores/as ou titores/as.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: o documento legal que a acredite a tutela e do DNI do/a titor/a.

XESTIÓN DAS LISTAXES E MATRÍCULAS EDM CPM SAN DIEGO E CLUB DO MAR DE SANTO AMARO:

  • As inscricións e demais xestións das actividades das EDM que se desenvolven nas instalacións de San Diego e San Amaro realizaranse, nas mesmas datas, nos devanditos centros deportivos dentro do seu horario de atención ao público.
  • A listaxe de agarda das actividades desenvolvidas nestas instalacións xestionaranse directamente desde o Complexo Deportivo San Diego e Club do Mar de San Amaro.

- LISTAXE DE AGARDA

Nas instalacións de xestión municipal indirectas: as actividades no Complexo Deportivo Municipal de San Diego e Piscina Municipal de Santo Amaro xestionarán directamente a listaxe de agarda.

Listaxe de agarda nas instalacións de xestión municipal directa: Centros Deportivos de Riazor, Cidade Deportiva da Torre e Polideportivos Barrio das Flores, Sagrada Familia, Os Rosales, San Francisco Xabier e Novo Mesoiro, así como a Casa da Auga.

Realizaranse dous movementos da listaxe de agarda:

  • 1.º movemento da listaxe de agarda - XESTIÓN DIRECTA:
    • Publicación das persoas da lista de espera que obtiveron praza despois do movemento da lista: 7 de outubro de 2026.
    • A formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: 8 ao 13 de outubro de 2026 ás 23.59 h
  • 2.º movemento da listaxe de agarda - XESTIÓN DIRECTA:
    • Publicación das persoas da lista de espera que obtiveron praza despois do movemento da lista: 15 de outubro de 2026.
    • A formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: 19 ao 22 de outubro de 2026 ás 23.59 h

Coa non formalización da matrícula nas datas indicadas entenderase que o/a solicitante, e se é o caso as súas persoas titoras legais, renuncian á solicitude.

- PUBLICACIÓN DAS PRAZAS A LIBRE DISPOSICIÓN

A partir do 23 de outubro  de 2026.

As prazas dispoñibles publicaranse na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010. As persoas interesadas poderanse matricular nas prazas vacantes, de forma presencial ou telemática, desde o 26 de outubro ata o 31 de marzo de 2027.

No caso das matrículas presenciais, estas efectuaranse por rigorosa orde de chegada con cita previa, nas oficinas do SMD (sitas no Palacio dos Deportes de Riazor).

As prazas correspondentes a San Diego e Santo Amaro nas ditas instalacións.

No caso das instalacións de xestión municipal directa tamén se poderán realizar de forma telemática, a través da plataforma Cronos Web: https://coruna.gal/CronosWeb/Login

NORMAS DE ASISTENCIA DURANTE O CURSO ESCOLAR 2026-27

  • Establécese unha porcentaxe de asistencia obrigatoria nas EDM do 60% das sesións lectivas do curso.
  • O alumnado só poderá, polo tanto, ter unha porcentaxe de falta inferior ao 40% das sesións anuais do curso. Esta situación deberá ser excepcional, o alumnado deberá, como norma xeral, asistir ás clases.
  • Non se requirirá que o alumnado presente un xustificante pola súa falta de asistencia. Non existe distinción entre falta xustificada e non xustificada.
  • No caso de que se chegue ao 40% de faltas de asistencia o/a alumno/a debe causar baixa nas EDM sen dereito a percibir a devolución da correspondente taxa.
  • No caso de ausencia continuada do/a alumno/a, a pesar de non ter chegado a ese 40% de faltas de asistencia e logo do previo informe do profesorado, poñerémonos en contacto co/a alumno/a para que nos xustifique o motivo da súa ausencia co fin de ofertar esa praza no caso de estar aberta a matrícula para as prazas vacantes.

CAMBIOS DE HORARIO DURANTE O CURSO ESCOLAR 2026-27

Aquelas persoas que, por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou calquera outra índole, desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán unha vez rematada a convocatoria de novas matrículas, e quedarán a libre disposición ata a 31 de marzo de 2027, para todas as persoas usuarias.

Se fose o caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexen marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferenza no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días á semana).

Estes cambios faranse de xeito presencial nas instalacións do Palacio de Deportes de Riazor

Unha vez rematado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán agardar á seguinte renovación co seu conseguinte novo prazo de cambios.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre instalacións de San Diego ou Santo Amaro entre si nin co resto de instalacións.

Documentos relacionados

  • CONVOCATORIA - Novas Matrículas E.D.M. 2026/27 (1 MB)

Taxas EDM 2026/27

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

TAXAS VIXENTES CURSO 2026-27

*Consultar taxas reducidas para rendemento económico ou IPREM. 

Máis información na  Ordenanza fiscal nº 15, reguladora da taxa pola prestación dos servizos nas instalacións Deportivas Municipais.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Menores de 18 anos Actividades en auga e seco 1 día - 18,81 €
2 días - 37,60 €
3 días - 55,93€
Recuperación Funcional 2 días - 69,93 €
3 días - 84,78 €
Entre 18 e 64 anos Actividades en auga e seco 1 día - +18 anos - 28,41 €
2 días -  +18 anos - 56.83 €
3 días - +18 anos - 84,79 €
Recuperación Funcional 2 días - +18 anos - 97,92 €
3 días - +18 años - 124,92 €
Maiores de +65 anos Actividades en auga e seco 1 día - +65 anos - 5,25 €
2 días -  +65 anos - 10,49 €
3 días - +65 anos - 16,62 €
Recuperación Funcional 2 días - +65 anos - 59,31 €
3 días - +65 anos - 74,16 €

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión