1 de Abril de 2026 - CONVOCATORIA
O Concello da Coruña, dentro da súa competencia de promoción do Deporte, e consciente das dificultades que teñen moitos e moitas deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións, polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, equipamentos, etc., considera necesario aprobar unha liña de axudas a deportistas individuais, que teñan o carácter de bolsas.
En concreto, estas bolsas convócanse para apoiar a deportistas que practiquen deporte individual, como medio de fomentar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña.
Con estas bolsas preténdese apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación co perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.
Establécense, por tanto, as bases reguladoras de bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas empadroados no Concello da Coruña que destaquen na participación de competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas durante o ano 2026.
Estas bolsas son compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade.
A continuación publicase un EXTRACTO das Bases que rexeran esta convocatoria, pode consultar as bases completas no documento adxunto na seguinte ligazón ou ao pé da páxina:
Ou pode consultar o BOP nº61 - 1 de abril de 2026.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federadas, en deporte individual, de calquera modalidade, especialidade e categoría, que cumpran cada un dos seguintes requisitos:
CATEGORÍAS DE BOLSAS
As bolsas clasifícanse , para os efectos desta convocatoria, nas seguintes categorías:
CRÉDITO ORZAMENTARIO
O importe global das axudas obxecto da presente convocatoria é de CENTO CINCUENTA MIL EUROS (150.000,00 €), gasto imputable á aplicación orzamentaria 52.341.48116 do Orzamento municipal de 2026.
DISTRIBUCIÓN GLOBAL ENTRE TIPOS DE BOLSAS
O importe global distribuirase, sempre que as solicitudes presentadas o permitan, cos seguintes límites máximos:
PROCEDEMENTO
O procedemento de concesión das bolsas para deportistas individuais obxecto da presente convocatoria tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, de acordo co que establece a Base 6.1, e indicará de modo claro o tipo de bolsa e a modalidade deportiva para a que solicita esta axuda. Por tanto, só poderá solicitarse e concederse unha única bolsa por persoa.
En caso de solicitar bolsa para unha modalidade deportiva que dispoña de diferentes especialidades ou probas, só poderá presentar solicitude para unha delas. Se se incumpre este requisito e se solicita bolsa deportiva para máis dunha proba, ningunha das solicitudes será valorada, o que producirá a exclusión da persoa solicitante do procedemento.
O erro na clasificación da bolsa non dá lugar á perda do dereito á axuda. A Concellería de Deportes pode cambiar a clasificación da bolsa cando exista un erro ou cando, de acordo coa documentación presentada, se comprobe que lle corresponde outro tipo de bolsa.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de subvención deberanse presentar OBRIGATORIAMENTE no formulario web da plataforma municipal establecido na sede electrónica do Concello da Coruña:
PRAZO
10 días habiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, quedando o prazo establecido do 6 de abril al 17 de abril (ambos incluidos)
DOCUMENTACIÓN
A solicitude de subvención deberá incluír a seguinte documentación (resumo, consultara as Bases Completas):
a) Solicitude establecida no formulario web.
b) Fotocopia do DNI ou NIF da/o deportista solicitante. No caso de deportistas solicitantes menores de idade, tamén é obrigatorio presentar o DNI ou o NIF do/a titor/a legal..
c) Certificado de empadroamento actualizado á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, no que conste a antigüidade no empadroamento, así como as modificacións realizadas nos últimos 5 anos.
d) Documentación acreditativa do arraigamento familiar (dependendo do caso), segundo a base 3:
e) Copia da licenza federativa vixente expedida pola federación deportiva correspondente acreditativa da modalidade deportiva para a que solicita subvención, así como das licenzas federativas das dúas tempadas anteriores.
f) Certificado da federación correspondente do historial deportivo completo obtido nas dúas últimas tempadas, con indicación da clasificación lograda en cada un dos campionatos de igual categoría para o que solicita a bolsa.
g) Certificado acreditativo da federación deportiva correspondente no que se acredite que a persoa solicitante non está a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
h) Proxecto deportivo para a tempada 2026, con mención expresa e obrigatoria das probas, campionatos e fases clasificatorias nos que a persoa deportista ten previsto participar durante o ano 2026. O proxecto deportivo debe cubrirse no Anexo 1 adxunto a esta convocatoria.
i) Declaración responsable das subvencións ou bolsas solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional (contena o formulario web).
j) Declaración responsable de non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de persoa beneficiaria á que se refire o artigo 13 da Lei xeral de subvencións (contena o formulario web).
k) Certificación dos datos bancarios da persoa beneficiaria da subvención (orixinal expedido pola entidade bancaria).
l) Compromiso de levar no seu uniforme, material e/ou equipamento deportivo o logotipo do Concello da Coruña, nun lugar visible e de tamaño polo menos equivalente ao logotipo dos seus principais patrocinadores, así como, no caso de dispoñer de páxina web ou redes sociais, a que se faga constarque a persoa deportista recibe unha axuda municipal. Deberá achegar ao proxecto deportivo unha epígrafe específica na que reflicta o modo de cumprimento deste compromiso, na que se especifique o detalle con fotografías, bosquexos ou documentación gráfica específica.
m) Certificado acreditativo de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social.
n) Os demais recollidos na Ordenanza municipal de bases reguladoras xerais para a concesión de subvencións polo Concello da Coruña e os seus organismos públicos, e na Lei xeral de subvencións.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible