Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

ANTONIO OROZCO A xira da túa vida

ANTONIO OROZCO regrasa á Coruña coa XIRA DA túa VIDA

Cando:

03/10/2026

Horario:

21.00 h

(apertura de portas: 19.30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Requisitos:

Non se admiten cambios nin devolución de entradas.

Os menores de 16 anos teñen que aistir ao evento acompañados dun adulto responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Páxina web:

https://antoniorozco.com/

Antonio Orozco volve á Coruña para presentar "La gira de tu vida", un novo capítulo na súa carreira que nace do vínculo tan forte que construíu co seu público durante o último ano. A cita será o 3 de outubro de 2026 no Coliseum da Coruña, onde ofrecerá un directo moi especial no que o gran protagonista será o público.Este novo proxecto é a evolución natural de , "La gira de mi vida"coa que esgotou máis de 250.000 entradas en 2025 e conquistou cada cidade que visitou. Agora, Orozco transforma ese concepto para converter cada concerto nunha experiencia compartida que celebra as emocións, vivencias e historias que o acompañaron ao longo dos seus 25 anos de traxectoria.

Con máis de 1,5 millóns de discos vendidos, un Disco de Diamante, nove Discos de Platino, un Premio Ondas, un nomeamento aos Latin GRAMMY, e máis de 3.000 concertos en España, Europa e Latinoamérica, Antonio Orozco consolidouse como unha das voces máis queridas e respectadas da música en español."La gira de tu vida" promete un reencontro cheo de emoción na Coruña, un espectáculo onde cada persoa poderá recoñecerse, conectar e atopar o seu propio momento dentro do concerto.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: emotionalevents
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente día de concerto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión