Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria e listaxes 11 trimestre de golf xaneiro, febreiro e marzo 2019

Listaxes definitivas e período de matrícula

Ábrese o prazo de solicitude para os cursos de golf do 1º trimestre do 2019, desde o día 5 ás 08.00 h ata o día 13 de decembro ás 14.00 h desde esta mesma páxina web ou no centro deportivo Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.

Dado que non houbo necesidade de realizar o sorteo para establecer a orde de matrícula, xa que non se superaron, procédese a publicar as listaxes definitivas das persoas solicitantes do curso de golf do 1º trimestre do ano, xaneiro, febreiro e marzo.

Pode consultalas presionando nas seguintes ligazóns, ou nos documentos adxuntos no pé da noticia:

Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 26 a 30 de decembro de 2018 de 09:00 a 21:30 h

Listaxes Provisionais

Publícanse as listaxes provisionais das persoas inscritas ao Curso de golf do 1º trimestre do ano, xaneiro, febreiro e marzo.

Pode consultalas presionando nas seguintes ligazóns, ou nos documentos adxuntos no pé da noticia:

Ábrese un prazo de emenda de 5 días naturais para que se poidan formular alegacións.

As ditas alegacións presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules de 09:00 a 21:30 h.

Sorteo público: no caso de ser necesario terá lugar o 20 de decembro de 2018, ás 09:00 h, nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor.

Convocatoria

Debe realizar a súa solicitude presionando na ligazón que está antes do cadro de horarios. Máximo: dúas solicitudes por persoa. (Anexo da convocatoria adxunto ao pé da noticia)

  • Presentación das solicitudes (cubrindo o Formulario de inscrición): as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 5 a 13 de decembro de 2018, ambos incluídos; o prazo finaliza ás 14:00 h do día 13.
  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase a partir do día 14 de decembro de 2018 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións no prazo de 5 días naturais. Presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.
  • Sorteo público: terá lugar o 20 de decembro de 2018, ás 09:00 h, nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor.
  • Listaxes definitivas: publicaranse a partir do 21 de decembro de 2018.
  • Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 26 ao 30 de decembro de 2018.

Franxas de idade:

  • Infantil: de 6 a 16 anos
  • Persoas adultas: de 17 anos en diante

FORMULARIO DE SOLICITUDE

Cadro de prazas e horarios

GRUPO DÍAS HORARIO PRAZAS
ADULTOS LUNS E XOVES 09:30 a 10:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES 10:30 a 11:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES 12:30 a 13:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES 19:30 a 20:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES 20:30 a 21:30 8
ADULTOS MARTES E VENRES 09:30 a 10:30 8
ADULTOS MARTES E VENRES 10:30 a 11:30 8
ADULTOS MARTES E VENRES 12:30 a 13:30 8
ADULTOS MARTES E VENRES 19:30 a 20:30 8
ADULTOS MARTES E VENRES 20:30 a 21:30 8
ADULTOS SÁBADO E DOMINGO 09:30 a 10:30 8
ADULTOS SÁBADO E DOMINGO 10:30 a 11:30 8
INFANTIL LUNS E XOVES 18:00 a 19:00 8
INFANTIL MARTES E VENRES 18:00 a 19:00 8
INFANTIL SÁBADO E DOMINGO 11:30 a 12:30 8
INFANTIL SÁBADO E DOMINGO 12:30 a 13:30 8

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión