Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Trofeo Eixo Atlántico Cidade da Coruña 2013 de hóckey sobre patíns

Realizarase na Coruña os días 7 e 8 de decembro.

Cando:

29 de novembro de 2012

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que a segunda edición do Trofeo Eixo Atlántico Cidade da Coruña de hóckey sobre patíns, realizarase na Coruña os días 7 e 8 de decembro. A iniciativa está cofinanciada polo Concello da Coruña, o Eixo Atlántico e a Unión Europea no marco do proxecto europeo Eixo Interior e ten como obxectivo promover o deporte base e o turismo deportivo, ademais de conseguir que este trofeo se converta nun referente de máximo nivel do hóckey sobre patíns base. A organización contará co apoio técnico da Asociación de Clubs Coruñeses de Hóckey sobre patíns.

Tras convocar a todos os concellos do Eixo Atlántico, confirmaron a súa asistencia 12 dos mellores equipos de Galicia e Portugal, trátase do Liceo, a Compañía de María, Dominicos, Santa María del Mar, Santiago de Compostela, Traviesas de Vigo, HC Braga, A.D. Peñafiel, Dragon Force, ED Viana, Famaliçense e Barcelos.

Os partidos disputaranse no Palacio de Deportes de Riazor e no Polideportivo de Monte Alto, en encontros de dous tempos de 20 minutos, cun descanso de 5 minutos, a tempo corrido e cun tempo morto por equipo.

Tras a enquisa de satisfacción realizada na primeira edición - con resultados moi positivos - e como principal novidade, o venres 6 de decembro, realizarase unha charla formativa para adestradores a cargo do seleccionador portugués Luis Sénica.

Tras a realización do sorteo, este foi o resultado:

 

Palacio de Deportes de Riazor

GRUPO A

  • Dragon Force
  • HC Liceo
  • Traviesas HC

 

GRUPO B

  • C. Cía María
  • AD Penafiel
  • Riba de Ave Hóquei Clube (RAHC)

 

 

Polideportivo de Montealto.

GRUPO C

  • HC Braga
  • SDC Sta. Mª del Mar
  • HC Compostela

GRUPO D

  • AA Dominicos
  • ADB Campo (Barcelos)
  • AD Viana

 

 

Este ano, como gran novidade, poderás acceder aos resultados dos encontros de maneira directa e instantánea.

Do mesmo xeito tamén terás a opción de obter un bo recordo do torneo descargando fotos del evento.

Os equipos de fóra da cidade aloxaranse no Acuartelamento de Atocha (coordenadas 43.373,-8.3936 (Avda. Metrosidero, 7).

Para todas aquelas persoas que desexen asistir ao Trofeo ademais de gozar uns días da nosa cidade facilitámoslles este boletín de aloxamento con prezos especiais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión