Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Convocatoria - Campamentos Deportivos Municipais | Verán 2026

Información e recomendacións para participantes nos campamentos deportivos

As actividades desenvolveranse preferentemente ao aire libre, nas inmediacións da Cidade Deportiva Riazor ou do Polideportivo de Novo Mesoiro, sempre que a meteoroloxía acompañe, polo que os/as nenos/as deberán acudir todos os días con:

  • Roupa e calzado deportivo
  • Gorra e crema solar
  • Mochila con merenda lixeira para media mañá e botella de auga
  • Bañador, toalla, chanclas, gorro de baño e lentes de natación (só os que teñan sede na Cidade Deportiva de Riazor)

Cada menor recibirá o primeiro día unha gorra e 2 camisetas oficiais do campamento, coas que deberá acudir todos os días, para o bo desenvolvemento e organización da actividade.

A entrega e recollida de participantes realizarase, coa maior puntualidade en:

  • Campamentos Sede Riazor: no portalón grande entre o Palacio de Deportes e a Piscina Municipal de Riazor.
  • Campamentos Sede Novo Mesoiro: na entrada principal do Polideportivo de Novo Mesoiro

Non está permitido o acceso das familias ás instalacións.

Teléfonos de contacto durante o horario do campamento: 981 184 200 / 981 189 800 - Ext. 25030

1 DE XUÑO DE 2026 - LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTA DE ESPERA

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas dos campamentos deportivos de verán 2026, así como a listaxe de lista de espera.

Para elaborar estas listas tivéronse en conta os criterios de preferencia establecidos no punto 7.6 da convocatoria:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  2. A orde de preferencia nas quendas indicadas na solicitude (Opción 1 ou Opción 2)
  3. O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público (314)

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS:

As persoas que obtivesen praza poderán formalizar a matrícula do 2 de xuño ás 08.00 h ao 5 de xuño ás 23.59 h, ambos os días incluídos.

Cada persoa só se poderá matricular nunha única quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa á outra quenda solicitada, agás que finalizada a lista de espera quedasen prazas dispoñibles (Punto 8.3 das bases).

LUGAR para formalizar a matrícula. Habilitaranse dúas modalidades:

  • Presencial: acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor. Terán preferencia as persoas que concerten cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/) e no seu horario. As persoas sen cita poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles.

20 e 21 DE MAIO 2026 - LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES E RESULTADO DO SORTEO PÚBLICO

Unha vez finalizado o prazo para a corrección de erros (dende a publicación da listaxe provisional ata o 19 de maio), publícase a listaxe definitiva de solicitantes, con indicación do número co que participarán no sorteo:

Así mesmo, publícase a listaxe coas solicitudes anuladas, que NON participarán no sorteo:

O sorteo para obter o número de corte para a asignación das prazas terá lugar o xoves 21 de maio de 2026, ás 09.00 h.

Pódese seguir en directo a través da seguinte ligazón: SORTEO - Campamentos Deportivos Municipais - VERÁN 2026

  • Número de corte establecido no sorteo realizado hoxe ás 09.00 h: 314

PRÓXIMAS DATAS DA CONVOCATORIA:

  • Listaxe da adxudicación e lista de espera: 1 de xuño de 2026
  • Matrícula: 2 ao 5 de xuño de 2026
  • Xestión da lista de espera: dende o 10 de xuño de 2026

15 DE MAIO 2026 - PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Pode consultar a listaxe provisional de solicitantes para os Campamentos Deportivos Municipais Verán 2026 na seguinte ligazón:

Ábrese o prazo para a corrección de erros dende esta publicación e ata o 19 de maio. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do enderezo  programasdeportivos@coruna.gal

De acordo coa cláusula 7.3 das bases da convocatoria, durante o prazo de corrección de erros non se permitirá o cambio de opcións de campamento nin se aceptarán novas solicitudes. Só se poderán emendar datos persoais consignados no formulario.

Publicación da listaxe definitiva de solicitantes: 20 de maio, coa inclusión do número para o sorteo, que será asignado por orde cronolóxica de entrada de cada solicitude.

PRÓXIMAS DATAS DA CONVOCATORIA:

  • Sorteo: 21 de maio de 2026
  • Listaxe de adxudicación e lista de espera: 1 de xuño de 2026
  • Matrícula: 2 ao 5 de xuño de 2026
  • Xestión da lista de espera: dende o 10 de xuño de 2026

30 DE ABRIL 2026 - CONVOCATORIA

Recoméndase consultar as bases na súa totalidade no documento adxunto no pé da páxina ou na seguinte ligazón:

A continuación, publícase un extracto das bases que rexerán estes campamentos.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poboación infantil e xuvenil nada entre o 01/01/2014 e o 31/12/2020.

Aclárase que as persoas beneficiarias dos campamentos son as e os menores, non os seus ou as súas titores/as legais ou custodios.

Terán preferencia para a obtención dunha praza as persoas empadroadas na cidade da Coruña.

PROGRAMA E HORARIO

PROGRAMA TIPO

HORARIO

PROGRAMA TIPO

08:30-09:00

Horario de conciliación 1

09:00-10:30

Actividade deportiva I

10:30-12:00

Actividade deportiva II

12:00-12:30

Merenda (deberá ser achegada polo/a participante)

12:30-14:00

Actividade deportiva III

14:00 / 14:30

Horario de conciliación 2

Actividades previstas: durante o desenvolvemento de cada quenda destes campamentos está previsto realizar actividades deportivas variadas.

HORARIO

As actividades dos campamentos desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, en horario das 09.00 ás 14.00 horas.

Poderase solicitar o horario ampliado de conciliación, coas seguintes posibilidades:

  • Entrada: entre as 8.30-9.00 h
  • Saída: a elixir entre:
    • 14.00 h
    • 14.30 h

O horario ampliado non supón un custo engadido.

LUGAR DE REALIZACIÓN

Os campamentos terán dúas sedes:

  • Cidade Deportiva de Riazor
  • Polideportivo de Novo Mesoiro

Estas sedes utilizaranse como punto de entrega e recollida de participantes.

Intentarase realizar actividades ao aire libre, para o que se poderán desprazar a outros espazos e instalacións deportivas.

Poderanse programar excursións e actividades noutros puntos de interese da cidade. Haberá autobús para realizar algunha das saídas.

QUENDAS E PRAZAS

Establécense 4 quendas:

  • QUENDA 1: do 1 ao 15 de xullo de 2026
  • QUENDA 2: do 16 ao 31 de xullo de 2026
  • QUENDA 3: do 1 ao 15 de agosto de 2026
  • QUENDA 4: do 16 ao 31 de agosto de 2026

Ofértanse un total de 640 prazas, organizadas en 160 prazas por quenda, organizadas da seguinte maneira:

  • Cidade Deportiva de Riazor: 120 prazas/quenda
  • Polideportivo de Novo Mesoiro: 40 prazas/quenda

PREZO

En aplicación da disposición 15.10 da Ordenanza fiscal núm. 15 vixente, e tendo en conta o número de sesións, o prezo dos campamentos deportivos municipais será o que se recolle a continuación:

QUENDA

DATAS

Núm. SESIÓNS

PREZO/QUENDA

1.ª quenda

Do 1 ao 15 de xullo

11

48,18 €

2.ª quenda

Do 16 ao 31 de xullo

12

52,56 €

3.ª quenda

Do 1 ao 15 de agosto

10

43,80 €

4.ª quenda

Do 16 ao 31 de agosto

11

48,18 €

O horario ampliado non supón un custo engadido.

Poderán obter unha redución do 50% da taxa relativa aos campamentos aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.

As persoas que durante o prazo establecido non formalizasen a inscrición do/a menor, entenderase que renuncian á praza obtida e procederase a activar a lista de espera.

CRITERIOS DE PREFERENCIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

O número agraciado no sorteo establecerá o corte a partir do cal se adxudicarán as prazas. Para a orde de preferencia terase en conta:

- 1.º As persoas empadroadas no Concello da Coruña.

- 2.º A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (opción 1 ou opción 2).

- 3.º O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público.

As persoas admitidas na súa primeira opción de preferencia quedarán automaticamente excluídas para a adxudicación na súa segunda opción, e pasarán ao final da lista de espera.

As persoas que non obtivesen praza neste proceso pasarán a formar parte da lista de espera.

DATAS QUE CÓMPRE TER EN CONTA

As principais datas que hai que ter en conta son as seguintes:

TRÁMITE

DATAS

Preinscrición

4, 5, 6 e 7 de maio de 2026

Listaxe provisional de solicitantes

15 de maio de 2026

Corrección de erros

desde a publicación da listaxe provisional e ata o 19 de maio de 2026 a traves do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal

Listaxe definitiva para o sorteo

20 de maio de 2026

Sorteo (en caso de ser necesario)

21 de maio de 2026

Listaxe de adxudicación de prazas

1 de xuño de 2026

Matrícula das persoas admitidas

Do 2 ao 5 de xuño de 2026

Xestión da lista de espera

A partir do 10 de xuño de 2026

PREINSCRICIÓNS - LIGAZÓN AO FORMULARIO

As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse, do 4 ao 7 de maio, a través do seguinte formulario:

Non se admitirán preinscricións realizadas por outros medios.

Poderanse solicitar un máximo de 2 opcións, por orde de preferencia.

Cada menor só poderá constar nunha única solicitude (individual ou familiar). No caso de rexistrar, para unha mesma persoa, máis dunha solicitude, só se terá en conta a última e anularanse todas as feitas con anterioridade.

Solicitude familiar: para colaborar na conciliación das familias, no caso de que desexen optar á mesma quenda de campamento, deberán cubrir un único formulario de preinscrición (solicitude familiar), coa condición de que todos/as os/as menores sexan membros da mesma unidade familiar ou demostren convivencia no mesmo domicilio.

  • A solicitude familiar permite nun mesmo formulario a preinscrición de ata 3 menores. No caso de superar esta cifra, deberán cubrir outro formulario correlativo se desexan optar á mesma quenda.
  • No caso de que se presenten solicitudes-formularios diferentes non se garante a asistencia á mesma quenda.

Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, por tanto só poderán realizar a solicitude de preinscrición e a matrícula, de ser o caso, os/as titores/as legais que teñan a custodia. No caso de custodia compartida, os/as interesados/as deberanse poñer de acordo previamente; no caso de non alcanzar acordo, deberán remitirse ao Servizo de mediación de familia da Xunta de Galicia ou organismo competente, que será quen determine que custodio debe formalizar a solicitude e a matrícula.

NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTATE!!

Ligazón á web xeral de campamentos municipais: /web/gl/actualidade/axenda/campamentos-de-veran-2026

Documentos relacionados

  • Basees convocatoria - Campamentos Deportivos Verán 2026 (499 KB)
  • Guía acceso Cronos Web - Campamentos deportivos verán (815 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión