Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Piscina Municipal de Riazor

Enderezo:

Rúa Manuel Murguía s/n, Bj. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 800

Fax:

981 189 803 (Servizo Municipal de Deportes)

981 189 801 (Oficina Cidade Deportiva de Riazor)

Páxina web:

www.coruna.es/deportes

Servizos:

Adestramento de clubs.

Escolas deportivas municipais de natación, mantemento acuático, recuperación funcional.

Bancada con capacidade para 300 persoas.

Sauna, baño turco, jacuzzi.

Horario:

Horarios de uso libre durante o curso escolar
Luns, mércores e venres 7:45 a 9:00 horas
Luns, mércores, xoves e venres 14:30 a 16:00 horas
Martes 14:30 a 17:00 horas
Luns a xoves 21:00 a 22:30 horas
Venres 20:15 a 22:30 horas
Horarios de uso libre durante xullo e setembro
Luns a venres 08:00 a 21:30 horas

Tarifas (2019):

18 Tarifa Xeral (acceso, adestramentos e competicións, sen despacho de billetes)

  • 18.1 Cota de entrada pública, por persoa e hora de uso 3,42 €
  • 18.2 Abono de 20 usos dunha hora en horario público 22,32 €
  • 18.3 Uso exclusivo de canle por hora 21,43 €
  • 18.4 Uso exclusivo de piscina por hora 102,8 €
  • 18.5 Competicións que requiran o uso das seis canles por un período non superior a catro horas 145,64€

Nota aclaratoria: as entradas dun uso (3.42 €) e os abonos de 20 usos (22.32 €) pódense adquirir nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, sitas no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, Cidade Deportiva da Torre e Cidade Deportiva de Riazor, en horario de atención ao publico de 08:00 a 14:00 h de luns a venres.

Normas para as persoas usuarias da piscina:

  • Para acceder á piscina é imprescindible a presentación do carné ou retirar a entrada correspondente.
  • Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado de rúa.
  • É obrigatorio ducharse previamente á entrada no vaso, así como a utilización do gorro de baño.
  • Recoméndase o emprego de zapatillas de auga por motivos de hixiene, así como o uso de albornoz e lentes de natación.
  • Non se permite o emprego de colchóns, flotadores, aletas, lentes de cristal ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para as demais persoas usuarias.
  • Respectarase en todo momento o uso da canle asignada a cada actividade.
  • Por razóns de seguridade queda prohibido lanzarse á auga polos laterais do vaso, así como correr pola zona de praia.
  • As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que implique risco, deberánllelo advertir previamente ás persoas socorristas.
  • Co obxecto de facilitar un maior aproveitamento da instalación deberán seguir as instrucións do persoal socorrista.
  • As/os menores de 14 anos estarán acompañadas/os dunha persoa adulta durante o uso libre da instalación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión