Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

A Banda Municipal e o alumnado do proxecto ‘Vai a Banda’ inspíranse con Fillas de Cassandra e Nil Moliner para o seu concerto de mañá na praza da Tolerancia

Cuándo:

18 de junio de 2025

A actuación, que será ao aire libre e aberta á cidadanía, arrincará ás 20.00 horas e contará coa participación de nenas e nenos de tres centros educativos da cidade

Este xoves 19, a praza da Tolerancia acolle unha nova actuación da Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC), que dá continuidade ao seu ciclo estival de concertos na rúa cunha sesión moi especial na que estará implicado o alumnado do proxecto didáctico e participativo 'Vai a Banda', que reuniu este ano a máis de 5.000 escolares de Galicia.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, lembrou que no mes de abril "houbo máis de 14 pases musicais coa participación de multitude de alumnas e alumnos dos centros educativos, o que permitiu achegar as novas xeracións á historia e tradición da Banda, algo fundamental para ir creando un sentimento de pertenza e agarimo cara ás nosas agrupacións".

Neste sentido, e despois de celebrar a tradicional Festa dos Porcos a pasada fin de semana, o barrio de Labañou vivirá mañá un novo encontro festivo co concerto da BMMC, que suporá a clausura do 'Vai a Banda' e contará coa participación de rapazas e rapaces dos colexios Eusebio da Guarda, Sagrado Corazón-Franciscanas e Liceo La Paz.

A actuación, ao aire libre e aberta á cidadanía, arrincará ás 20.00 horas. Nela, as e os profesionais da Banda, acompañados polas nenas e nenos seleccionados, interpretarán pezas de diversos xéneros e autores/as. Entre elas, cancións das Fillas de Cassandra e Nil Moliner, entre moitos outros.

"Será unha actuación preciosa e divertida, moi festiva, no que poremos en valor as rapazas e rapaces que estiveron connosco no desenvolvemento do 'Vai a Banda'. Como solistas, amosaranlle ao público todo o que aprendemos xuntas e xuntos nos concertos para escolares", explicou o director titular da Banda Municipal, Juan Miguel Romero Llopis.

Programa al que pertenece

  • Vai a Banda 2024-2025

    El proyecto consta de una serie de conciertos para escolares, en el que el alumnado asistirá a diferentes sesiones en las que participará de un concierto en modalidad de oyente o activo, compartiendo en cuyo caso, escenario conjuntamente con el profesorado de la Banda Municipal.

    Más información

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión