Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

A Coruña premiará o espírito emprendedor do alumnado de FP e ensino especial na Feira de Ideas do vindeiro martes 24, no Fórum Metropolitano

Cuándo:

22 de febrero de 2026

O Concello organiza esta xornada de difusión ao abeiro do programa municipal Inicia, en colaboración con Espazocoop. A entrega de premios aos proxectos gañadores terá lugar pola tarde

O Fórum Metropolitano acollerá o vindeiro martes 24 a Feira de Ideas do programa Inicia, unha iniciativa coa que o Concello, en colaboración con Espazcoop, busca fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado dos ciclos formativos de Formación Profesional (FP) e ensino especial na cidade da Coruña.

Desde o inicio do curso 2025-26, alumnas e alumnos do IES Rosalía Mera, CPR Nebrija - Torre de Hércules, CPR Afundación, CPR Plurilingüe Grande Obra de Atocha, EASD Pablo Picasso e CIFP Imaxe e Son participaron en sesións formativas previas á presentación dos seus respectivos proxectos empresariais.

En febreiro, o comité de selección valorou as propostas presentadas e 15 pasaron á fase final, a Feira de Ideas que terá lugar no Fórum (martes 24, das 10.00 ás 14.30 horas), na que se lles exporán as ideas de negocio ás persoas asistentes, a través de maquetas, folletos e degustacións, en función do proxecto en cuestión.

A alcaldesa, Inés Rey, convidou a cidadanía a visitar a Feira de Ideas, "que contribúe a pór en valor o talento, enxeño e iniciativa das novas xeracións a través de múltiples especialidades e sectores".

A xornada, que arrincará pola mañá coa exposición dos proxectos, irá acompañada dunha sesión de tarde (das 16.00 ás 18.00 horas) no auditorio do Fórum Metropolitano, na que varias persoas emprendedoras lles transmitirán as súas experiencias persoais e profesionais: Vanina Cabrera (SerHogarSystem, de servizos domésticos e axuda a domicilio), Miguel de la Calle (Chorima Cosmética Atlántica, de produtos cosméticos) e Patane García (Espazocoop, orientado ao emprendemento cooperativo).

Será a antesala da entrega de premios aos tres proxectos gañadores desta XVIII edición do programa Inicia, coa que o Goberno local busca impulsar iniciativas empresariais e emprendedoras, visibilizándoas e abrindo un camiño á súa consolidación.

Neste sentido, haberá premios en metálico para as e os gañadores:

  • 1º Premio: 300 € para cada integrante

  • 2º Premio: 200 € para cada integrante

  • 3º Premio: 150 € para cada integrante

  • A profesora ou profesor do proxector gañador: 300 €

  • O centro educativo máis implicado: 300 €

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión