Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

A vida de Brais.

Cuándo:

21/02/2026

Horario:

19:30 h

Duración:

90 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora", este evento é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Comedia para todas as idades deTeatro Airiños, que nos presenta unha adaptación do filme Life of Brian do grupo inglés Monty Python, referentes do humor absurdo.

Naceu o Mesías! Ou pode que non... Brais nace en Belén, Palestina, o mesmo día que Xesús. Iso é só o comezo. A súa vida verase marcada por unha chea de desafortunados equívocos e convertirase nunha aventura de dimensións case bíblicas. Moito humor, cancións en directo e un amplo elenco nunha exhibición de personaxes e situacións hilarantes, nunha proposta digna de calquera teatro romano (ou galego).

TEATRO AIRIÑOS

En 1933, arredor do Centro Galeguista de Asados (Rianxo), nacía Airiños. Con 92 anos de historia, é a Compañía decana do teatro galego. Sobreviviu até hoxe mantendo o que foi a súa máxima principal: representaren Lingua Galega. Involucrou a boa parte da parroquia durante catro xeracións, forxando o seu carácter de teatro comunitario e amador.

Dirección e adaptación: Amantia Coello

Elenco: Lucía Casal, Ramona Fernández, Héctor Figueiro, Álvaro García, Fran Gómez, Adrián Lago, Raquel Lodeiros, Manuel Morán, Graciela Muñiz, Merchi Pimentel, Fran Ruíz, Mari Santos, Marga Silva e Carlota Somoza

Escenografía: Héctor Figueiro

Vestiario: Teatro Airiños

Espazo sonoro: Amantia Coello e Manuel Morán

Deseño de iluminación: Amantia Coello e Fran Gómez

Deseño gráfico: Fran Gómez

Control de son e iluminación: Amantia Coello e Irene Fernández

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión