Desde el 23/02/2026 hasta el 02/03/2026
Desde el 19/01/2026 hasta el 06/02/2026
Para alumnos/as matriculados/as en centros de fóra da cidade, non matriculados e persoas adultas, o prazo de inscrición será do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro.
Cartel das III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) (656 KB)
O Concello organiza estas Xornadas para dar a coñecer a oferta de Formación Profesional da cidade os días 23, 24 e 25 de febreiro e 2 de marzo.
O Concello da Coruña, en colaboración cos centros públicos de Formación Profesional da cidade, a EASD Pablo Picasso e a EASD Mestre Mateo de Santiago, pon en marcha por terceiro ano consecutivo esta iniciativa.
O obxecto das xornadas é dar a coñecer aos estudantes de secundaria a oferta e as novidades dos ciclos formativos de FP, das ensinanzas artísticas profesionais e dos estudos Superiores de Deseño na Coruña para o próximo curso 2026/2027, sendo os principais destinatarios o alumnado de bacharelato, o dos últimos cursos da ESO e o de FP de graos medio e básico. Tamén se dará a coñecer a oferta de FP Básica, para alumnado con dificultades de acadar o graduado escolar e o público en xeral.
O przo de inscrición ábrese o luns 19 de xaneiro, para o alumnado dos centros da Coruña, e o luns 26 para os/as alumnos/as matriculados/as en centros de fóra da cidade, non matriculados e persoas adulta. En tódolos casos, o prazo de inscripción finalizará o día 6 de febreiro ás 14:00 horas.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación en liña a través da ficha de inscrición á que se accede desde o código QR que aparece no cartel das Xornadas ou desde este enlace, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.
Programa al que pertenece
Las III Jornadas de Orientación Artística y Profesional (XOAP 2026) están organizadas por el Servicio Municipal de Educación del Ayuntamiento de A Coruña y tienen como objetivo informar sobre los estudios Superiores de Diseño y los ciclos de Formación Profesional y enseñanzas Artísticas (ordinaria y básica) que se imparten en los centros públicos de la ciudad de A Coruña.
Más informaciónLo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible