9 de julio de 2019
A alcaldesa Inés Rey animou o alumnado a seguir formándose no que lles gusta e no que crean para verter todo ese talento nun futuro na cidade
O Concello recibiu esta mañá o alumnado que obtivo unha maior cualificación nas probas Abau de 2019, que foi recibido pola alcaldesa Inés Rey e polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín. O acto realizouse no salón de plenos onde foron agasalladas/os cunha bandexa coa Torre de Hércules gravada.
As/os estudantes Guillermo Alonso-Jáudenes Paz, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda; Carmen Cadahía Veira, do IES Plurilingüe Rafael Dieste; Alfredo Chavert Sancho, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda; María Aurora Delgado López, do CPR Plurilingüe Santa María del Mar; Álvaro González López, do CPR Plurilingüe Santa María del Mar; Olalla Maceiras Outeda, do CPR Eirís; Laura Pérez Pardo, do CPR Plurilingüe Compañía de María; Sara Pérez Mancebo, do CPR Plurilingüe Cristo Rey; Pedro Piñeiro Otero, do CPR Plurilingüe Cristo Rey; Álvaro Romero Martín, do CPR Plurilingüe Compañía de María; e Iago Sánchez Fariñas, do CPR Eirís, acudiron ao Concello e intercambiaron palabras coa rexidora que as/os animou a que seguiran estudando o que lles guste e no que cren e que a ser posible verteran ese talento nun futuro na cidade.
Rey valorou o seu esforzo e o das súas familias "porque non está de máis que alguén o felicite" e dixo estar orgullosa en nome da Corporación municipal do exemplo que dan.
A alcaldesa convidounas/os a que elixiran un camiño que as/os motive e "no que vos sintades cómodas/os" cunha formación sen présas xa sexa na Coruña ou fóra da cidade, pero que, en todo caso, desfrutasen da etapa adulta que comezan.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible