Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Presentación dos libros: "Fogar doce fogar, querida pantasma" e "Unha viaxe ó inferno", de Pilar Alvarellos.

Cuándo:

13/12/2025

Inscripciones:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

12.00 horas.

Dirección:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Pilar Alvarellos e Ediciones Passer presentan na Biblioteca Ágora dous títulos do seu catálogo, ambos en edición bilingüe galego-castelán.

O sábado 13 de decembro ás 12.00 h terá lugar na aula 2 da Biblioteca Municipal Ágora a presentación das obras "Fogar doce fogar, querida pantasma" e "Unha viaxe ó inferno", ambas da escritora galega Pilar Alvarellos e dispoñibles no catálogo de Ediciones Passer en edición bilingüe galego-castelán.

Sinopse da obra "Fogar doce fogar, querida pantasma" (Ed. Passer).

Entre as sombras do pasado e os murmurios do presente, "Fogar doce fogar, querida pantasma" abre as portas a un universo onde os muros falan e as almas non descansan. A través de lendas galegas, historias documentadas e misterios universais, Pilar Alvarellos guíanos por casas encantadas, espíritos errantes e a delgada liña entre a vida e o invisible.

Sinopse da obra "Unha viaxe ó inferno" (Ed. Passer).

Desde as orixes do mal ata as sombras de Galicia, "Viaxe ó inferno" descende aos abismos onde o sacro e o profano entrelázanse. Anxos caídos, exorcismos reais, demos con nome propio e lendas que aínda respiran entre montes e ermidas galegas conforman este inquietante percorrido polo invisible.

Sobre Pilar Alvarellos

Desde pequena a lectura é a súa afección favorita e a escritura un hábito. Fascínana as historias de aparicións e bruxas que lle contaban os seus avós. Por iso os seus escritos se dirixen cara ao terror. Publicou en revistas dixitais como Monociclo, Anuket, Axolotl, Dunkelheilt, Submarino de hojalata. Antoloxías tales como Underwriterz, Rigor Mortis, II Concurso de Microrrelatos Gadis, Mitos y Leyendas de Crónicas en Llamas, Microterrores, 39 cuentos del mundo, Pongamos que hablo de Madrid e Cartas para ti.

Gañou o VII certame literario de microrrelatos Melgar, o concurso de relatos curtos "Vence el encierro 2021" Día de muertos de México e "40 vías de escape" de Chile.

Publicou dous libros de relatos de terror "Momentos casi perfectos para morir" e "El reloj marca la hora eterna", e as novelas "Fracturas" e "Pasaba por aquí".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión