20 de junio de 2022
A REIM convoca máis dun cento de prazas repartidas polas nove escolas infantís municipais
O prazo da convocatoria queda aberta desde o 22 de xuño ata o 4 de xullo.
Esta convocatoria está regulada polas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís municipais para o curso 2022-2023.
As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2022-2023". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar no rexistro xeral (de forma presencial ou telemática) xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal (de forma presencial ou telemática).
O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.
Consulta toda a información (requisitos, baremación, datas do proceso, inscrición en liña, etc) no seguinte enlace: Proceso de admisión na REIM
Consulta o Cadro de prazas vacantes para o curso 2022-2023 por cada EIM .
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible