12/03/2026
19:00 h
60 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
Conferencia de actualidade de Ramón Veras Castro, médico de familia.
Preocúpannos os tempos de espera na sanidade, no plano individual que teñamos algún problema e non se nos atenda ben e nos tempos necesarios para facelo, pero, sendo isto lóxico e moi real, é certo que as estratexias de mellora da saúde máis eficientes e útiles están en gran parte fóra do sistema sanitario.
É clásico o estudo de Dever (1976), no que se demostra que a modificación dos estilos de vida e o coidado do medio ambiente beneficiaríanos máis que todo o gasto que facemos no sistema sanitario.
No 2008 a OMS publicou por primeira vez un estudo onde se demostraba o impacto dos determinantes sociais da saúde, isto é, o que se relaciona coa nosa vida: onde nacemos e crecemos, a educación, o traballo, as relacións sociais e o medio onde vivimos.
Na palestra repasarase esta estratexia de saúde e o que afecta ao sistema sanitario: listas de agarda, privatización, relación profesional dentro do sistema e a nova cultura profesional, o consumo sanitario e a necesidade de promoción de saúde e de participación social no servizo sanitario
Esta conferencia, como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible