Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
25/02/2026
Desde el 18/02/2026 hasta el 25/02/2026
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Obradoiro enmarcado dentro do Ciclo Temático "Regreso ao pasado: historia ignota" e o Programa SomosPro.
O mércores 25 de febreiro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o "Obradoiro: Á luz da lucerna", para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Percorrido pola Prehistoria para coñecer as primeiras técnicas para a produción do lume, os materiais empregados e por suposto, o gran avance que supuxo o seu descubrimento. Falaremos da fabricación dos diferentes recipientes para transportar a luz e remataremos na antiga Roma falando das diferentes formas e decoracións das lucernas. Por último, experimentaremos a fabricación da nosa propia lucerna a través de moldes.
Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!
Actividade con inscrición previa.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible