Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actividades adaptadas no CEE Nosa Señora do Rosario 2026-27

O proxecto piloto de actividades complementarias adaptadas no CEE Nosa Señora do Rosario busca poñer o foco de atención nas necesidades dos escolares con necesidades educativas especiais.

O alumnado con necesidades educativas especiais é único e igual ao mesmo tempo, polo que ten dereito a que se cre un programa de actividades complementarias (fóra da súa xornada lectiva) a través do cal poidan practicar deporte e cultura do mesmo xeito que os demais nenos e nenas, aínda que de forma adaptada ás súas necesidades.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado do CEE Nosa Señora do Rosario, con idades entre 6 e 21 anos.

Tambien pode participar alumnado que estea escolarizado noutro centro combinado con CEE Nosa Señora do Rosario, pero só poderá solicitar a actividade correspondente aos días que teña clase neste centro.

Anual

Prezo / Custo:

Programa gratuíto

As actividades que pon en marcha o Concello da Coruña no contexto deste programa vanse a realizar como un proxecto piloto durante o curso 2026/2027, co obxectivo de estender posteriormente a actividade e realizar, nun futuro, actividades adaptadas noutros colexios da cidade.

Trátase de actividades só para eles e elas, sempre sen deixar de lado as actividades compartidas e inclusivas que se desenvolvan na cidade dentro das políticas públicas municipais.

As actividades leven a cabo no propio centro para facilitar a conciliación laboral e que as nenas e nenos non se teñan que desprazar a outros lugares.

Actividades e horarios

As actividades están previstas de luns a venres, de 15:00 a 17:00 horas. Con todo, a saída do alumnado poderase adaptar ás necesidades de cada familia.

Establécense grupos reducidos dun máximo de 10 nenos/as, fóra da actividade de Creación "artística e artes escénicas inclusivas", que terá un máximo de 8 nenos/as. O total de prazas será de 48.

LUNSMARTESMÉRCORESXOVESVENRES
15:00 - 17:00Multideporte adaptado Multideporte adaptado Judo adaptado Multideporte adaptado Creación artística e artes escénicas inclusivas
Nº de escolares101010108

As actividades serán levadas a cabo a través de persoal especializado.

Procedemento de solicitude e adxudicación de prazas

Convócanse un máximo de 48 prazas, en réxime de concorrencia competitiva, para participar na actividade durante o curso 2026-2027.

A solicitude farase en liña a través da ficha específica: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/actividades_adaptadas_2026/

Tras completar a inscrición en liña, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento pdf), que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante contén un número de asignación (IDE), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.

Tras a finalización do prazo de presentación de solicitudes, o Servizo de Educación, como responsable da instrución do procedemento, revisará as solicitudes presentadas e verificará o cumprimento de todos os requisitos da convocatoria. A persoa titular da Consellería delegada responsable da área de Educación resolverá a convocatoria por delegación da Xunta de Goberno Local.

A resolución da adxudicación de prazas farase publica o día 10 de xullo na páxina web educativa municipal www.corura.gal/educacion, podéndose consultar tamén a través do teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.

Tras a publicación da resolución de adxudicación de prazas, as persoas seleccionadas dispoñerán dun prazo, do 15 ao 24 de xullo, para a súa aceptación, que deberá ser asinada por ambos os proxenitores ou titores legais e comunicada por escrito ao Servizo Municipal de Educación, a través da sede electrónica do Concello da Coruña (/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/rexistro-electronico), ou nun rexistro público do Concello da Coruña, de forma presencial. No caso de non poder presentar a aceptación de praza na sedes anteriores, por motivos de coidado do/a menor, poderá enviarse por correo electrónico a educacion@coruna.gal .

En todos os casos, no escrito teñen que aparecer os seguintes datos: nome do programa, nome do/a escolar, nº de IDE e actividades nas que foi admitido/a.

Unha vez transcorrido o prazo sen que se produza tal comunicación, entenderase que se renuncia á participación no programa.

FASESCALENDARIO
Prazo de solicitude (en liña)

23 de xuño ao 3 de xullo

Resolución de djudicación de prazas10 de xullo
Aceptación da/s praza/s adxudicada/s 15 de xullo ao 24 de xullo
Lista de espera27 de xullo ao 31 de xullo
Reunión previaSetembro

Criterios de adxudicación de prazas

A medida que se vaian recibindo solicitudes en liña asignaráselles un número, por orde de chegada (número de IDE). Ese número será o que se tome de referencia para todo o procedemento.

Como norma xeral, tentarase asignar polo menos unha actividade a cada persoa solicitante, tendo en conta a orde de preferencia da actividade solicitada e as prazas dispoñibles nela. Se quedan prazas vacantes, asignaránselle máis actividades.

No caso de que exista máis demanda de prazas nalgunha das actividades, adxudicaranse por orde de chegada das solicitudes (número IDE).

Unha vez recibidos os comprobantes de aceptación das prazas adxudicadas, e se quedasen prazas libres, procederíase á súa adxudicación segundo a lista de espera.

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 18/06/2027

O programa desenvolverase do 1 outubro de 2026 ao 18 de xuño de 2027, de luns a venres, en horario de 15:00 a 17:00 horas (consultar a táboa de horarios).

Inscricións:

Dende o 23/06/2026 ata o 03/07/2026

Ficha de inscrición: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/actividades_adaptadas_2026/

FASESCALENDARIO
Prazo de solicitude en liña

23 de xuño ao 3 de xullo

Resolución de adxudicación de prazas10 de xullo
Acepetación da/s praza/s adxudicada/s 15 de xullo ao 24 de xullo
Lista de espera27 de xullo ao 31 de xullo
Reunión previaSetembro

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

Teléf.: 981 184 200 ext: 10179

Requisitos:

No caso de alumnado de centros combinados, soamente poderán solicitar as actividade dos días en que cursen estudos no CEE Nosa Señora do Rosario.

Establécense grupos reducidos de máximo 10 nenos/as, fóra da actividade de Creación "artística e artes escénicas inclusivas", que será de máximo 8; cun máximo de 48 prazas.

Recursos humanos:

Para o desenvolvemento das actividades vaise a contar con entidades especializadas en actividades adaptadas, así como con persoal especializado como especialistas en terapia ocupacional, cultura e arte inclusiva.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión