Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cinema na escola 2022-23

Segunda edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa. Luces, cámara e acción...

¿Aínda non vistes as curtametraxes máis premiadas da primeira edición? Podedes facelo na canle de Youtube que atoparedes máis abaixo.

  • O último acorde (IES Salvador de Madariaga)
  • Atréveche o teu (Colexio CID)

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de Primaria e de Secundaria.

Cada centro poderá inscribir, como máximo, a tres equipos por curso e seis equipos entre todas as idades. Cada equipo estará coordinado por un formador/a.

Obxecto:

"Cinema na escola" busca achegar esta disciplina artística aos máis novos, aos centros e aos seus docentes, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías facilítannos o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.

O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada neno e nena en verdadeiro protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, apredenr, e expresar emocións e contar historias.

Os colexios que soliciten participar recibirán un módulo de formación orientado ao profesorado que coordine a actividade, acceso a material exclusivo "videotutoriales"e acceso directo ao equipo técnico para resolvar dúdas ao longo de toda a fase creativa.

O módulo de formación constará de dúas sesións de 90 minutos en liña, onde se abordarán aspectos como: a idea, a sinposis, o guión literario, técnicas de gravación, o casting, ensaios, rodaxe, edición e montaxe ...

Terminada a fase de formación, os equipos poderán comezar o traballo de guionización, gravación, edición e montaxe final.

Os curtos deben presentarse antes do 14 de abril polas canles abertas para a ocasión, dos que se informará máis adiante.

Os premios que se van a conceder son os seguintes: mellor película, mellor protagonista, mellor guión, mellor fotografía, mellores efectos visuais, mellor edición de vídeo, mellor edición de audio. Tamén haberá un premio do público para o vídeo máis valorado en redes sociais... e diversas mencións menores para favorecer que todos os centros poidan sentirse protagonistas na Gala final.

Nesta edición 22/23, haberá unha gala de entrega de premios para primaria e outra para secundaria, sempre que se inscriban centros suficientes en cada categoría.

Inscricións:

Fichas de inscrición:

Xeneral

Específica

Organiza:

Máis información e dúbidas:

Servizo Municipal de Educación

Tel: 981 18 42 00 ext. 12041 // 12047

educacion@coruna.gal

Contacto con persoal encargado da coordinación do programa:

Máis información:

Documentos relacionados

  • Cinema na escola 22/23: dossier de presentación (4 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión