Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso Imaxina Coruña 2021-22

O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a I edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2021-2022.

O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre os alumnos e alumnas de secundaria.

A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Museos científicos, Educación

Tipo de actividade:

Outras, Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Os centros educativos con sede na cidade da Coruña que conten con grupos de alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Cada centro poderá solicitar participar cun máximo de 3 grupos.

Os grupos poderán contar entre 2 e 4 participantes, que só se poderán inscribir nun grupo. Todos os grupos deberán ser mixtos para fomentar os principios de igualdade na ciencia que defende este concurso. Non se admitirá máis dun proxecto por grupo.

Un profesor ou profesora das materias relacionadas liderará o grupo ou grupos participantes e responsabilizarase do alumnado que os integra. O persoal docente designado por cada centro servirá de ligazón co persoal municipal responsable do programa.

Poderán participar un máximo de 40 grupos. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que se se superasen as previsións, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos, a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.

Obxecto:

  • Fomentar actitudes positivas da ciencia e da tecnoloxía, dando respostas, mediante a experimentación ou o deseño, a cuestións que promovan un planeta sostible.
  • Favorecer e mellorar o desenvolvemento de valores educativos como: creatividade, traballo en equipo, solidariedade e autonomía.
  • Impulsar e fomentar iniciativas entre o alumnado.
  • Apoiar e incentivar o persoal docente dos centros educativos na súa tarefa de formación.
  • Dar visibilidade a iniciativas innovadoras que desenvolvan os alumnos e as alumnas.
  • Incentivar a participación das mozas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía, na procura da disolución da fenda de xénero nesta materia.

O programa proporcionaralles apoio aos centros participantes mediante un asesoramento por especialista na materia, e ofrecerá premios incentivadores para as mellores iniciativas tanto do alumnado participante como do centro educativo.

Para realizar a valoración dos proxectos presentados e seleccionar aos gañadores, o concello contara coa colaboración de persoas expertas en educación e comunicación científica e persoas novas con experiencias en actividades científicas.

TEMÁTICA

Nesta I Edición a temática do concurso proposto polo concello será: os novos materiais para un mundo mellor.

O reto consistirá no desenvolvemento dunha investigación ou deseño tecnolóxico relacionado coa sostibilidade, a innovación ou o compromiso social, baseándose nos novos materiais.

A partir dos eixes que vertebran este concurso, queremos que o alumnado da ESO e Bacharelato da nosa cidade axuden a transformar a nosa realidade cotiá a través da innovación, a sostibilidade e o compromiso social. Seguindo estas tres vías, os equipos participantes deberán presentar un produto final ou experimento que contribúa a avanzar cara a un planeta máis sostible.

O concello correrá cos gastos en concepto de material funxible que estean relacionados co traballo a desenvolver, ata un máximo de 150 euros por grupo participante.

Considérase material funxible o material de oficina, fotocopias, alugueiro de material informático ou audiovisual, compra de material para levar a cabo o produto final ou o experimento etc.

DINÁMICA

O reto consistirá na elaboración dunha investigación ou deseño tecnolóxico sobre novos materiais, utilizando a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñeira e as matemáticas para resolver un problema real na comunidade.

DESENVOLVEMENTO

O concurso vén determinado polas seguintes fases para desenvolver desde o mes de outubro de 2021 ata o mes de marzo do 2022.

Fase I.- Preparación do proxecto. Datas previstas de outubro ao 15 de febreiro.

Xornada presencial ou telemática sobre novos materiais nunha das instalacións dos museos científicos coruñeses

Fontes de información:

Asesoramento durante a elaboración dos traballos por parte dos Museos Científicos Coruñeses a través dun correo creado para tal fin.

Fase II.-Presentación da memoria final

O prazo de presentación da memoria final finalizará o 15 de febreiro debendo entregarse en formato PDF a través do correo electrónico facilitado para este concurso.

A memoria debe ser orixinal, inédita e innovadora e conter:

  • Titulo do reto.
  • Nome, apelidos e DNI dos participantes.
  • Nome, apelidos e DNI do profesor que liderou o reto.
  • Se se trata dunha proposta científica: hipótese, materiais, resultados e conclusións.
  • Se se trata dunha proposta tecnolóxica: idea, descrición técnica e solución adoptada, plan de fabricación e conclusións.

Deberanse entregar tamén imaxes, táboas, gráficos, fotografías ou calquera outro elemento que dea soporte á memoria presentada.

A memoria deberá presentarse usando a letra Arial 11 e non poderá superar as 20 páxinas. Quedarán excluídas as memorias que non se axusten a estes requisitos.

Fase III.- Valoración da memoria

A valoración das memorias realizarase coa posta en común das valoracións dun xurado sénior composto por un mínimo de 3 membros, todas as es persoas de recoñecido prestixio na educación e a comunicación científica.

Este xurado seleccionará, en base ás memorias presentadas, os proxectos que pasarán á final e participarán na feira de ideas onde se presentarán os proxectos e produtos.

Fase IV.- Feira de Ideas e Premios "Imaxina Coruña" .Data prevista: mes de marzo

Os proxectos finalistas farán unha presentación nas instalacións da DOMUS, onde se lles facilitará un espazo (posto) rotulado co nome do centro ao que representan así como co título do proxecto finalista.

A feira Imaxina Coruña celebrarase nun día para determinar do mes de marzo en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 h nas instalacións da Domus.

Neste espazo o alumnado presentaralle ao público asistente os seus produtos e poderá acompañalos de vídeos expositivos, materiais publicitarios, audiovisuais, teatrais ou #calquera outra ferramenta ou medio que estime oportuno co fin de conseguir un maior atractivo e atención sobre a súa proposta.

Un xurado júnior composto por un mínimo de 3 mozos/as con experiencia en actividades científicas (membros do club da ciencia, participantes en feiras científicas, premiados en proxectos de ciencias ou tecnoloxía, STEMBac...), visitarán os espazos de exposición dos produtos para valoralos.

Unha vez visitados os espazos, o xurado retirarase a deliberar para comunicar o veredicto dos proxectos premiados. Para a dita valoración o xurado deberá ter en conta a autenticidade das investigacións, a súa orixinalidade, o seu rigor científico e tecnolóxico, o sentido crítico, a súa viabilidade, capacidade para mellorar a vida das persoas e todos aqueles aspectos que demostren curiosidade e constancia.

A decisión do xurado será inapelable. Poderase declarar deserto algún dos premios.

PREMIOS

Para cada unha das categorías deste concurso establécese como premio o convite a participar ou visitar unha feira científica estatal, incluíndo gastos de desprazamento e aloxamento para os equipos gañadores e os docentes (máximo 5 acodes/grupo). Para esta edición a feira elixida é:

Os premios virán establecidos en función de distintas categorías:

  • Premio á sostibilidade
  • Premio á innovación
  • Premio ao compromiso social.

Os grupos premiados que vaian participar nas feiras científicas, deberán adaptarse ás normas de participación establecidas nelas.

Fóra das categorías mencionadas, aqueles grupos concursantes que presenten un vídeo relato do seu proxecto, cunha duración máxima de 3 minutos, será publicado en Youtube e sometido a votación popular os 3 días anteriores á celebración da feira. O gañador da votación popular será premiado cun estabilizador.

As características do vídeo deberán ser as seguintes: duración máximo de 2 minutos; formato horizontal; resolución mínima de 720 p e peso máximo de 50M.

Ademais, cada centro educativo onde estea matriculado o alumnado premiado nas 3 categorías sinaladas, recibirá un cheque regalo por importe de 500 euros para gastar nun establecemento comercial da cidade da súa elección. Este importe deberá destinarse para a adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.

Cando:

Dende o 20/09/2021 ata o 30/04/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/09/2021 ata o 12/11/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro) e Ficha de solicitude específica (a cubrir polo centro)

Contacto:

CEO ABERTO

604 080 746

imaxina@coruna.gal

Servizo Municipal de Educación

981 18 42 00

Recursos materiais:

Organiza:

Servizo de Educación e Servizo de Museos Científicos

Máis información:

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Servizo de Museos Científicos

Documentos:

Cartel Imaxina Coruña (247 KB)

Documentos relacionados

  • Programa Final Imaxina (89 KB)
  • Bases concurso IMAXINA (165 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión