5 de xuño de 2025
O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, asistirá ao acto, que comezará ás 17:30 horas e recoñecerá o traballo de máis de 400 estudantes de 16 centros educativos da cidade
O Fórum Metropolitano acollerá este venres, 6 de xuño, a gala final da XXXIV Mostra de Teatro Escolar da Coruña, un acto que servirá de peche e recoñecemento ao traballo realizado por máis de 400 alumnas e alumnos de 16 centros educativos da cidade. O evento dará comezo ás 17.30 h e contará coa presenza do concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.
A gala supón o colofón dunha edición que se desenvolveu entre abril e maio e na que participaron 25 grupos escénicos de 16 centros de ensino. Durante o acto entregaranse os diplomas e os premios outorgados polo xurado da Mostra, composto polos actores e directores Ramiro Neira e José Leis e pola técnica municipal Ana Judel.
Os premios por categorías educativas son os seguintes:
Ademais, o xurado concedeu as seguintes mencións especiais (sen dotación económica):
Para cada unha das categorías deste concurso estableceuse como premio un cheque por valor de 100€ para cada un dos grupos gañadores. Coma na categoría Infantil outorgase o premio "ex aequo" a dous grupos participantes, o premio será dun cheque de 50€ para cada grupo gañador.
Programa da gala final | Fórum Metropolitano - Venres, 6 de xuño
A Mostra de Teatro Escolar enmácase no programa de actividades complementarias promovido polo Goberno de Inés Rey, consolidándose como unha das accións máis recoñecidas no ámbito educativo local. A iniciativa favorece a participación activa do alumnado en proxectos escénicos, promovendo valores como a cooperación, a expresión artística e a aprendizaxe compartida.
Máis información: Gala de entrega de premios de la XXXIV Muestra de Teatro Escolar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible