Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aberto o prazo de inscrición para o concurso "Vexo, vexo"

Cando:

13 de febreiro de 2023

Fotografías orixinais realizadas e enviadas dentro do prazo: desde o 13 de febreiro ata o 10 de abril.

Vexo, vexo que ves? Atopando figuras no ceo

As escolas municipais Os Nenos e Monte Alto da Coruña convocan este concurso de fotografía que forma parte do Proxecto "Formas da natureza" co que participamos no certame de Ciencia na Rúa.

Forma de presentación

Formato dixital por correo electrónico a un dos seguintes enderezos: eioscativos@gmail.com ou ei-montealto@hotmail.com

Acompañarase o envío da imaxe cos seguintes datos

  • Título data e lugar de realización
  • Teléfono de contacto e persoa ou grupo que a presenta
  • Engadirase un texto explicando a figura que se observa e sempre que sexa posible sinalarase nunha segunda fotografía o contorno da forma sobre a nube ou nubes seleccionadas.

Colabora

A asociación veciñal "Os nosos lares" de Palavea.

Premio

O xurado do concurso está formado por tres membros:

  • Un/unha representante de Museos Científicos
  • Un/unha representante da comunidade educativa de EIM Os Cativos
  • Un/unha representante da comunidade educativa de EIM Montealto

O resultado do concurso será a finais de abril e as fotografías presentadas formarán parte da documentación do Proxecto "Formas da natureza". Poderá ser difundirse polas redes sociais das escolas e publicada na prensa.

A entrega do premio será antes de finalizar o mes de xuño de 2023.

Ligazóns de interese:

RTVE.: https://www.rtve.es/ television /20200520/nubes mascuriosasidentificarlas/2014479.shtml

ABC.:https://www.abc.es/ciencia/abciciencia explica misterio pareidoliasnodejamos caras todas partes202008172104_noticia.html

MUSEO DE BELAS ARTES."Correspondencias. Mirando con ollos de artista".Ligazón https://youtu.be/MRKbdgGihp8

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión