Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

ACOREUROPA X: Publicación das listaxes definitivas de persoas seleccionadas, de agarda e excluídas e apertura do prazo de aceptación

Cuándo:

1 de julio de 2022

Ábrese un prazo un prazo do 4 ao 8 de xullo para a aceptación de participación no programa

Publícanse as listaxes definitivas das persoas seleccionadas e de agarda (e excluídas) para participar no PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA X, organizado pola Concellaría de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os 9 centros docentes asociados.

Reunida a Comisión de Valoración, nas datas 2 e 29 de xuño de 2022, e realizada a baremación da documentación presentada polas persoas admitidas (segundo a cláusulas 6 das bases do dito proceso), procédese á publicación das ditas listaxes definitivas (no documento relacionado):

a)  Das persoas seleccionadas (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando o país de destino*.

* Os destinos indicados tamén son provisionais, tal como se recolle na cláusula 2 das bases:  "Non obstante, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados".

b) Das persoas que, cumprindo os requisitos, non acadan o número de orde que lles permita participar no programa por exceder do número de prazas. Estas persoas constituirán a listaxe de agarda.

c) Das persoas solicitantes que non compren os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión.

Ábrese un prazo un prazo de 5 días naturais a contar desde o día seguinte a esta publicación (do 4 ao 8 de xullo)  para a aceptación de participación no programa que, segundo o punto nº 12 das bases, deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza tal comunicación entenderase que renuncia a súa participación no programa. De se presentar a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao SME (educacion@coruna.gal ) dentro do prazo de aceptación.

As persoas participantes incluídas na listaxe de agarda substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa ou que non poidan participar nel.

Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.es  ou no teléfono 981 184 200, extensións 22041  e 12114.

Programa al que pertenece

  • Becas Europa FP. Proyecto Acoreuropa X

    Programa inscrito en el programa Erasmus + de la Unión Europea, por el que se organizan y posibilitan  prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de  diversos países europeos para recién titulados de FP Superior en los centros adscritos al programa.

    Más información

Documentos relacionados

  • Lista definitiva persoas seleccionadas (90 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión