Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arrincan as representacións da XXXIV Mostra de Teatro Escolar

Cando:

14 de abril de 2025

A semana do 7 ao 11 de abril representáronse un total de 4 obras en diferentes centros da cidade.

A XXXIV Mostra de Teatro Escolar , programa educativo que ten como finalidade potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado, xa está en marcha.

O pasado luns 7 de abril arrincaron as representacións entre centros. Pola mañá, alumnos e alumnas da EIM Luis Seone representaron a súa obra no CPR Obradoiro, mentres que pola tarde foi a quenda do alumnado do CEIP Concepción Arenal que visitou o CEIP Sal Lence.

O mércores día 9, alumnado de 1.º a 3.º de educación primaria do CEIP Rosalía de Castro visitou o CPR Salesianos Juan Bosco para representar a obra "El concierto de Riley", inspirada na película de animación "Inside Out". Na obra, as emocións de Riley están impacientes por saber como lle irá no seu primeiro concerto diante de tanta xente. Grazas a eses sentimentos é capaz de sacar a súa actuación adiante.

Por último, o xoves 10 foi a quenda para o alumnado de 5.º de educación primaria do CPR Esclavas, que se desprazou ao CEIP San Francisco Javier para representar "A consulta da Dra. Remedios", unha comedia que se desenvolve nunha consulta médica pola que van pasando diferentes pacientes.

Programa ao que pertence

  • XXXIV Mostra de Teatro Escolar 2024-25

    Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe o grupo de teatro do devandito centro.

    Máis información
  • XXXIV Mostra de Teatro Escolar - Visita do CEIP Rosalía de Castro ao CPR Salesianos Juan Bosco

  • XXXIV Mostra de Teatro Escolar - Visita do CPR Escravas ao CEIP San Francisco Javier

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión