Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ñam!, de Caramuxo Teatro

Cuándo:

20/09/2022

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 16/09/2022 hasta el 20/09/2022

A inscrición comezará ás 10.00 h a través desta web.

A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

30 min aprox.

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

De balde e con inscrición previa

Espectáculo para a primeira infancia

Caramuxo Teatro presenta ÑAM!

Comer é un pracer, pero antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos, porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes e pequenas, os tomates da casa ou doutro lado do mundo. A min encántame o salgado! Pois eu prefiro o doce! Ñam! é un espectáculo creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

Unha proposta de lecer en familia para nenos e nenas de 3 a 6 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía se mesturan.

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:  Ñam!, de Caramuxo Teatro. Pase das 17.00 h  e  Ñam!, de Caramuxo Teatro. Pase das 18.30 h  para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions.

A cada pase só poderán asistir 40 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión