Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

As xornadas educativas STEAMdomus difunden na Domus a ciencia entre a mocidade

Cuándo:

16 de mayo de 2023

Inclúe talleres, conferencias e xornadas de orientación para alumnado de ESO e Bacharelato dedicadas a campos como videoxogos, animación, produción audiovisual e intelixencia artificial desde unha perspectiva STEAM

STEAMdomus é un novo programa xuvenil que busca promover a importancia das artes na educación, en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas á hora de proporcionar á mocidade, e en particular ás mozas, unha educación máis completa e unha visión máis ampla do seu futuro laboral.

As materias STEM son capaces de ensinar ás persoas o valor da creatividade, a innovación, a comunicación e a observación. Por iso é polo que esta proposta formula un programa de actividades para avanzar na educación STEAM. Cando se introduciu en educación o termo STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, polas súas siglas en inglés) buscábase un ensino destas materias dunha forma máis integrada. Recentemente, o termo STEM ampliouse para incluír a A, que representa as Artes, como forma de destacar a importancia da creatividade na educación STEM.

STEAMdomus inclúe obradoiros, conferencias e xornadas de orientación para alumnado de ESO e Bacharelato dedicadas a campos como videoxogos, animación, produción audiovisual e intelixencia artificial desde unha perspectiva STEAM.

As xornadas, que se levan a cabo en horario de mañá, terán continuidade os vindeiros días 18, 19 e 22 de maio, e consistirán en:

  • Encontro con profesionais da animación, os videoxogos, a produción audiovisual e a intelixencia artificial da man dos organizadores de "Mundos Digitales", o Congreso Internacional de Animación, VFX e novos medios.
  • Participación na "escape room" «Misión Domus».
  • Visita ás salas de exposición da Domus.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión