Concello da Coruña

Concello da Coruña

Contos, cultura e natureza no balance de actividades do CEIP Alborada

Cando:

26 de xuño de 2023

O centro recompila as súas actividades do curso escolar 2022-2023 no seu Xornal Escolar nº 3

O colexio de educación infantil e primaria Alborada estivo moi activo este ano escolar e, como mostra diso, xa está dispoñible o Xornal Escolar número 3, onde recolle e ilustra as diversas actividades que levou a cabo o alumnado durante o curso 2022-2023.

Nenas e nenos participaron nunha variedade de actividades interesantes e educativas. Desde escribir contos e relatos curtos ata celebrar o Entroido, realizar un mural dedicado a Martín Codax ou crear un club de lectura para familias e a Radio Sito.

O alumnado tamén realizou saídas e excursións, como a visita ao estudio de televisión do programa Pim Pam Experimenta da Televisión de Galicia ou a visita á redacción do xornal El Ideal Gallego. Alí, nenas e nenos puideron aprender a redactar novas e a montar as páxinas dun xornal.

A natureza tamén xogou un papel importante nas actividades do centro, que conmemorou o Día da Árbore e visitou o río Mero para que o alumnado puidese aprender como se potabiliza a auga que se consome nos fogares. Ademais, o CEIP Alborada conta cun horto que sementan e regan para recoller diversos cultivos, sempre traballando a terra da maneira máis sostible posible.

Entidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión