27 de agosto de 2025
En paralelo, o Goberno de Inés Rey está a executar melloras nas instalacións de 13 centros educativos da cidade
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación do contrato de mantemento e conservación dos colexios e centros de educación especial (CEE) da Coruña, "un servizo no que investiremos 1,4 millóns ata o ano 2027 e que amosa o compromiso do Goberno de Inés Rey cos centros educativos da cidade", recalcou José Manuel Lage, voceiro do Goberno municipal.
Lage destacou, ademais, que o Concello está a investir algo máis de 800.000 euros en actuacións repartidas entre 13 centros educativos, "melloras que ou ben xa fumos completando recentemente ou rematarán ao longo deste verán".
O programa de senfogarismo contará cun investimento de 370.000 euros
Dando continuidade aos investimentos en materia social, esta mañá tamén se aprobou a saída a concurso do servizo de atención na rúa ás persoas sen fogar.
Ata o 2027 destinaranse máis de 370.000 euros á prestación deste servizo, fundamental para que persoas en situación de vulnerabilidade dispoñan dun escudo asistencial que inclúa intervencións que faciliten a súa integración social.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible