Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Medio milleiro de estudantes de centros educativos da Coruña participan desde o xoves nos obradoiros de divulgación ambiental que promove o Concello

Cuándo:

14 de noviembre de 2023

A programación de actividades, que continuará en decembro, inclúe visitas á nova estación de vixilancia da calidade do aire situada na praza de Pontevedra, habilitada a semana pasada

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente, promove desde este xoves 16 unha serie de obradoiros de divulgación ambiental que implicarán a 471 estudantes que cursan Primaria e Bacharelato en centros educativos da cidade.

Esta iniciativa, promovida polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de achegar as novas xeracións ás estratexias e actuacións necesarias para mellorar a calidade ambiental das cidades, lévase a cabo ao abeiro da posta en marcha da nova estación de vixilancia da calidade do aire situada na praza de Pontevedra.

Este equipamento, que foi financiado con fondos Next Generation, habilitouse a semana pasada nun espazo ao aire libre que ata entón estaba en desuso. A súa reconversión permitiu poñer ao servizo da cidadanía unha estación de control que vixiará os principais indicadores da calidade do aire, así como a emisión de gases de efecto invernadoiro. Desta forma, "ao contar cun fluxo de información e datos de forma constante, o Concello poderá, en caso de ser necesario, implementar medidas e tomar decisións inmediatas no referente a cuestións ambientais que redunden nunha mellora na calidade de vida e a saúde da cidadanía", valorou a concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz.

Neste sentido, a programación de actividades prevista desde esta semana inclúe coloquios e talleres divulgativos nos propios centros educativos participantes (CEIP Labaca, CPR Fogar de Santa Margarida e CEIP Eusebio da Guarda), así como visitas guiadas á estación de vixilancia de calidade do aire na praza de Pontevedra. As e os técnicos da Concellaría de Medio Ambiente serán as persoas encargadas de amosarlles ás rapazas e rapaces o funcionamento da estación da praza de Pontevedra, localizada precisamente a escasos metros de dous centros educativos. "A principal finalidade destas visitas á estación é que as e os estudantes teñan coñecemento das iniciativas que están en marcha na Coruña para ter un control da realidade ambiental da nosa cidade. Son medidas fundamentais, porque para facer fronte ao quecemento global é necesario un compromiso conxunto e interxeracional, sensibilizando a nosa contorna".

A primeira das visitas á estación ambiental da praza de Pontevedra terá lugar este venres 17, entre as 09.15 e 11.00 horas, coa participación do alumnado de cuarto de Primaria do CEIP Labaca.

A este respecto, nas actividades achegaráselle á rapazada a conceptos como os puntos de inflexión climática, definidos pola Universidade de Exeter hai máis dunha década, e que engloban ameazas a escala global como a progresiva perda das capas de xeo no Ártico, a perda de masa forestal na Amazonia ou a acidificación dos mares e océanos polas emisións de dióxido de carbono.

Os talleres terán continuidade durante o mes de decembro, coa participación do alumnado do IES Eusebio da Guarda nos obradoiros e percorridos guiados.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión