Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello abre do 25 ao 30 de xuño o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais para o curso 2025-2026

Cando:

24 de xuño de 2025

Facilítase, por cuarto ano consecutivo, o acceso de balde ao ensino ás crianzas de ata tres anos de idade, unha medida na que A Coruña foi pioneira en Galicia

As familias que resultaron admitidas no proceso de novo ingreso nas escolas infantís municipais xa poden formalizar a matrícula para o curso 2025-2026. O prazo estará aberto entre o mércores 25 e o luns 30 de xuño, ambos incluídos.

A listaxe definitiva de persoas admitidas publicouse o 23 de xuño e pode consultarse, xunto coa documentación requirida e os formularios, na páxina web municipal de  Educación .

Tal e como se indica nas bases reguladoras do proceso de admisión, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM, debendo a persoa solicitante dirixirse á escola asignada e presentar a seguinte documentación. Recoméndase ás familias revisar con atención a documentación específica que deben achegar segundo a súa situación.

Por outra banda, o Concello anuncia que no mes de xullo se abrirá unha convocatoria extraordinaria para cubrir aquelas prazas vacantes que resulten dispoñibles tras esta fase de matrícula ordinaria. Os detalles serán publicados proximamente na web municipal.

O Goberno municipal dá continuidade á medida de gratuidade das oito horas de atención educativa, consolidada desde o curso 2022-2023 e que converteu á Coruña nunha cidade referente en apoio ás familias e á conciliación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión