Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello apoia a posta en marcha de ‘Memoria LGTBI+’, un proxecto audiovisual que recupera a historia e testemuños do colectivo

Cuándo:

16 de mayo de 2023

A iniciativa, promovida pola Asociación Palestra, céntrase na recuperación das lembranzas de persoas LGTBI+ maiores de 60 anos, que nalgúns casos viviron os anos da ditadura franquista e tamén o posfranquismo

Este martes presentouse o proxecto 'Memoria LGTBI+', unha iniciativa promovida pola Asociación Palestra co apoio do Concello, e que busca recuperar e reivindicar a memoria do colectivo LGTBI+ en clave de memoria histórica.

A primeira fase do proxecto está centrada na recuperación de testemuños de persoas LGTBI+ maiores de 60 anos, xeracións que nalgúns casos viviron os anos da ditadura franquista e tamén o posfranquismo. Xa posteriormente, está previsto dar forma a un documental sobre os inicios do activismo LGTBI+ na Coruña.

O concelleiro Jesús Celemín tomou parte esta tarde na exposición ao público do proxecto, que tivo lugar no Círculo de Artesáns. Fito Ferreiro, integrante da Asociación Palestra e director do proxecto, detallou as orixes desta proposta, que se iniciou coa recompilación das entrevistas a Enrique Pérez, María Solano e Fernando Mosquera -tres das persoas protagonistas e hoxe presentes no Circo de Artesáns-, así como a activistas LGTBI+.

A maiores, levouse a cabo un amplo traballo de arquivo, orientado a recuperar fotografías, artigos de prensa e documentación que están vencellados ás persoas que aceptaron contar a súa historia, co obxectivo de "lembrala para construír o noso futuro" e traballar por unha igualdade efectiva e real das persoas que son discriminadas por cuestións de xénero, orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.

Ao acto tamén asistiron Paco Novo, da Fundación 26 Decembro, e Aurora Paz, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión