Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello aproba a nova ordenanza de terrazas, que lle dará maior seguridade xurídica ao persoal hostaleiro e mellorará a calidade do espazo público

Cuándo:

12 de febrero de 2026

Saíu tamén adiante o Programa Municipal de Xestión de Residuos para o período 2025-2030

O Concello aprobou hoxe no Pleno a Ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas en Espazos de Dominio Público ou de Uso Público. Esta nova normativa establece un marco regulador actualizado baixo o que os establecementos de hostalería deberán rexer a súa actividade en exteriores, definindo as obrigas e aportando seguridade xurídica ao sector, ademais de contribuír a garantir o tránsito peonil e á mellora estética do espazo público da cidade. 

O documento inclúe medidas de protección especial para as terrazas localizadas en puntos de especial protección urbanística, como as da zona PEPRI e as lugares de interese cultural e histórico, asegurando así a implantación de estándares estéticos e técnicos que manteñan a identidade arquitectónica da cidade. 

A necesidade deste texto fíxose patente coa consolidación dunha realidade estrutural do sector hostaleiro, que nos últimos anos experimentou un auxe significativo no número de terrazas, sobre todo cos cambios que supuxo a pandemia da Covid 19. 

Entre as novidades máis salientables destaca a tramitación conxunta da licenza para instalar a terraza na vía pública e a autorización para ocupar o dominio público ou espazo de uso público, resolvéndose agora de maneira conxunta ámbolos dous trámites baixo a denominación de "licenza de terraza", en aras dunha maior axilidade e de facilitar os trámites ao sector hostaleiro, que até o de agora tiñan que solicitar dous permisos, explicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz. 

"O obxectivo fundamental desta nova ordenanza é claro: garantir o equilibrio entre a actividade económica da hostalaría e o dereito da cidadanía ao descanso e a un espazo público accesible, seguro, ordenado e de calidade", indicou a concelleira.

Clasifícanse tamén as terrazas atendendo a se se atopan nalgún dos Plans zonais establecidos no marco do Plan de xestión do ruído e de acordo coa normativa de protección contra a contaminación acústica, contemplando un horario máis reducido para aquelas terrazas situadas nunha zona definida como acusticamente saturada (ZAS) ou zonas de protección acústica especial (ZPAE) ou de especial protección (ZEP).

Ademais, establécese a constitución dunha Mesa de Terrazas conformada por integrantes dos diferentes grupos políticos e a incorporación da figura das terrazas en zonas de estacionamento como unha modalidade de terraza con cerramento estable -e que só se poderán establecer en rúas dun máximo de dous carrís, cun límite de velocidade de ata 30 km/h e cun ancho de beirarrúa de menos de 2,5 metros-. 

Entre as novas obrigas das persoas titulares das licencias estará a de expoñer nun lugar visible a licenza e o plano autorizado da terraza a través dun código QR facilitado polo Concello. Así mesmo, as terrazas en prazas de estacionamentos deberán ter unha separación mínima de 5 metros con pasos peonís e interseccións. 

O ordenanza establece tamén un réxime sancionador que permita actuar cando os locais de hostalería incumpran a normativa. As sancións poden oscilar entre os 1.000 e os 10.000 euros. O texto normativo estará agora a exposición pública durante un mes antes de volver ao Pleno para a súa aprobación definitiva.  

Programa Municipal de Xestión de Residuos

Outra das propostas aprobadas polo Pleno foi o Programa Municipal de Xestión de Residuos para o período 2025-2030, que aglutina as liñas de acción para cumprimento dos obxectivos autonómicos, estatais e comunitarios en materia de tratamento de residuos municipais. O plan detalla as accións que se levarán a cabo na cidade nos próximos anos para conseguir a diminución dos residuos totais xerados -tanto pola cidadanía como polo sector privado-, e avanza cara á economía circular e o aproveitamento de residuos reutilizables, e cara a unha maior concienciación da poboación a través de campañas públicas e a mellora dos servizos municipais de recollida e xestión de residuos. 

O documento consta de cinco liñas estratéxicas que cómpre seguir: reducir a xeración de residuos municipais, atender ao cumprimento dos obxectivos normativos coa potenciación das recollidas separadas e posta en marcha de accións de preparación para a reutilización, mellorar a calidade da recollida separada, aumentar o coñecemento e a  transparencia da xestión e corresponsabilidade do produtor e minimizar os residuos xestionados mediante vertido, explicou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira. 

un plan ambicioso pero realista, con obxectivos claros aliñados coa normativa europea, autonómica e estatal  e no que ten que haber unha implicación de todos, dos grandes produtores, das empresas e sobre todo da cidadanía, porque en definitiva servirá para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de agora e do futuro", subliñou Neira.

O investimento total do plan cífrase inicialmente en 186.775.000 euros, aínda que coa previsión de revisar a dotación anualmente cara a posibles modificacións orzamentarias. Este gasto equivale, aproximadamente, a 126 euros por habitante e ano

Algunhas das medidas propostas inclúen:

  • A ampliación da rede de compostaxe comunitario en barrios como Os Rosales, Palavea, Visma, Xuxán, Feáns ou Zapateira

  • Realizar labores de acondicionamento dos puntos limpos municipais

  • Ampliación da rede de minipuntos limpos existente

  • Adaptar o centro de xestión de residuos de Nostián para optimizar o tratamento

  • Impulso de campañas públicas de sensibilización

  • Traballo directo cos grandes xeradores de residuos e coa hostalería para optimizar e racionalizar a recollida 

  • Garantir que a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria realice un traballo exemplar na segregación dos residuos

  • Segregación das recollidas dos fluxos de residuos doméstico e comercial

  • Racionalización da distribución e concentración dos colectores

  • Instalación de puntos limpos de proximidade

Modificación puntual do Plan parcial do sector 7

Tamén saíu adiante unha modificación puntual do Plan parcial do sector 7 "Recinto Feiral de Someso". Trátase dun trámite que permitirá novos usos compatíbeis na parcela do Centro Comercial Espacio Coruña, que ata agora só incluía os de uso terciario comercial. O obxectivo, indicou o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Francisco Díaz, é poder ampliar os usos permitidos até o de agora para facilitar a viabilidade da superficie.

Coa modificación, no complexo poderán desenvolverse novas actividades complementarias, co que se ampliará así a súa oferta comercial e mellorán os servizos dispoñibles. Só se actualizará a normativa para permitir os novos usos solicitados, sen que isto afecte outros aspectos fundamentais da ordenación urbana da zona. Os permisos inclúen almacéns, oficinas, servizos empresariais, salas de reunión, locais de hostalería, e garaxes, entre outros. 

Outras cuestións

Na sesión deuse luz verde ao Regulamento do Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña (CLIAC), un órgano consultivo que ten como obxectivo promover a participación da mocidade nas cuestións da política local que lles afectan directamente. Compoñerán a institución ata 45 vogais, incluíndo nenos, nenas e adolescentes que cursen 5.º ou 6.º de primaria e 1.º ou 2.º da ESO, tanto en centros públicos como concertados e privados -30 deles provenientes dos colexios e 15 dos institutos-.

O Consello reunirase de xeito semestral, ademais de realizar encontros periódicos nos diferentes grupos de traballo establecidos -non superarán os 10 membros cada un deles-. As actividades do órgano serán presididas pola alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Eduación, Juan Ignacio Borrego, ademais do persoal técnico municipal necesario.

O Pleno tamén acordou sumarse á declaración institucional impulsada pola Federación Galega de Enfermidades Raras (FEGEREC) e pola Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) con motivo da celebración do Día Mundial das Enfermidades Raras. O texto reivindica unha maior investigación das enfermidades raras e esixe o acceso universal aos tratamentos dispoñibles para todos e todas as pacientes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión