11 de marzo de 2026
O encontro educativo, que este ano centrarase na intelixencia artificial, desenvolverase en Palexco o sábado 14 de marzo
A Feira Matemática, que este ano chega a súa 19ª edición, abordará como temática principal a intelixencia artificial e o pensamento computacional. A feira, organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) en colaboración con Concello da Coruña, terá lugar o sábado, 14 de marzo, no hall do Palexco e desenvolverase de 11.00 a 20.00 horas.
Serán 400 as personas participantes na actividade, xa que son 314 os alumnos inscritos, aos que se suman 86 profesores, sen contar cos diferentes voluntarios que se suman a actividade, que contará con aproximadamente 1.500 asistentes ao longo do día.
A relación de inscritos está conformada por oito centros educativos, de Formación Profesional, Secundaria e Primaria; ademáis da Escola Técnica Superior de Naútica e Maquinas o Instituto Galego de Estatisca, a Xefatura Provincial de Tráfico, a Federación Provincial de Anpas e Protección Civil da Coruña, entre outras entidades.
Divulgar e profundar no ensino e aprendizaxe das matemáticas é un dos principais obxectivos da Feira. O Servizo Municipal de Educación colabora nestas xornadas organizadas po Agapema e dedicadas a todas as etapas do ensino, para que cada centro, profesorado e alumnado poida expoñer e presentar as propostas didácticas que considere.
"Na Coruña temos un dos maiores encontros educativos e matemáticos de Galicia, no que o alumnado pode aprender e divertirse da man do seu profesorado. Trátase de incentivar o pensamento lóxico e o conocemento entre a mocidade mantendo sempre un espíritu lúdico e atractivo", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica Juan Ignacio Borrego, quen destacou tamén a liña marcada pola alcaldesa, Inés Rey, de apostar polos programas educativos e pola formación para afondar na igualdade de oportunidades e na difusión da cultura.
A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das matemáticas e está dirixida ás alumnas e alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, así como ao profesorado e ao público en xeral. Cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos, poden expoñer unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas. Haberá tamén exposicións, concursos de fotografía matemática, de monólogos e de esopías, xogos, exhibicións, etc.
Cada centro ou entidade participante disporá dun posto para mostrar experiencias de aula, xogos, exposicións, puzzles e todo tipo de actividades relacionadas coas matemáticas. En cada un dos postos os visitantes poden realizar actividades relacionadas coas matemáticas, que seranlles explicadas polos estudantes encargados dese posto.
"Pensamento computacional e a intelixencia artificial" é tamén o lema do Día Escolar das Matemáticas neste curso escolar 2025/2026, co que se pretende achegar as claves principais para que o alumnado de todas as etapas do ensino poidan usar diferentes formas de pensar e desta maneira aprender matemáticas con máis sentido e de maneira máis significativa, xa que aprender matemáticas é moito máis que facer operación e trátase dunha forma de mirar o mundo, de pensar con lóxica e de buscar solución, tal como se plantexa na feira.
Neste sentido, os participantes nas actividades do certame incidirán en como o pensamento computacional ensina a organizar ideas, dividir problemas difíciles en partes máis sinxelas, buscar patróns e crear algoritmos como pasos ordenador para resolver un problema. Tamén teñen que utilizar a intelixencia artificial como elemento para pensar cómo aprenden as máquinas, toman decisión e melloran coa experiencia, pero sempre entendendo primeiro que hai que saber como pensa unha persoa ao resolver un problema.
Dentro deste contexto, o alumando participante exporá nos diferentes stands habilitados na feira as súas propostas didácticas desenvoltas xunto o seu profesorado, existiendo tres diferentes concursos abertos tanto aos estudantes como aos profesores.
Programa al que pertenece
La XIX edición de la Feria Matemática es una jornada para divulgar y ahondar en la enseñanza-aprendizaje de las matemáticas y para conseguir una intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica y agradable, animando a niños/as y mayores a resolver problemas matemáticos diversos. Está organizada por la Asociación Gallega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
Más informaciónLo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible