Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello iniciará proximamente a nova fase de rehabilitación da fachada na Escola Municipal de Música

Cando:

9 de xuño de 2025

O ano pasado completáronse as melloras previstas na cara do edificio que dá á rúa da Torre. Agora, cando se completen os trámites necesarios, farase o propio na parte lindeira ao patio do CEIP Curros Enríquez

O Concello xa está a ultimar os trámites para acometer a nova fase de rehabilitación da fachada da Escola Municipal de Música, unha actuación que dá continuidade aos traballos executados o ano pasado na parte do edificio que dá á rúa da Torre.

Agora, a previsión do Goberno municipal é actuar no sector da fachada lindeira ao patio do CEIP Curros Enríquez, onde se levarán a cabo melloras en materia de conservación e mantemento, unha intervención necesaria atendendo á configuración da propia fachada, con elementos en relevo. Isto implica máis desgaste do que suporía, por exemplo, unha fachada lisa.

Agora, aproveitando a chegada da tempada estival e o peche temporal dos centros educativos, o Concello avanza co obxectivo de concretar estas intervencións de renovación da fachada con vistas ao vindeiro curso escolar, atendendo ao feito de que a rapazada do Curros Enríquez xoga precisamente no patio lindeiro á Escola.

En liñas xerais, as actuacións previstas engloban melloras nas partes da fachada máis erosionadas pola deterioración e o paso do tempo, así como o pintado posterior da superficie nesta parte da Escola, un edificio protexido que conta con máis dun cuarto de século de vida.

Desde a súa apertura no ano 1998, pola Escola Municipal de Música pasaron máis de 10.000 alumnas e alumnos, a partir dos 4 anos en diante. Co paso do tempo, a EMM converteuse en moito máis que un dos principais centros educativos musicais da cidade, implicando o seu alumnado en iniciativas de materia social como actuacións en residencias de maiores, centros cívicos municipais e tamén con pacientes oncolóxicos.

O Goberno de Inés Rey reforzou o seu respaldo á Escola Municipal incrementando os fondos para ese servizo nos últimos orzamentos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión