Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os blogs de "Xaque ao virus" recibiron máis de 72.000 visitas na última semana

Cando:

14 de maio de 2020

Un estudo realizado para valorar esta proposta de lecer indica que do 4 ao 10 de maio formuláronselles 81 retos ás familias

Na última semana, os blogs de Xaque ao Virus recibiron un total de 72.768 visitas e formuláronse un total de 81 retos (3 por cada un dos 27 blogs que están en funcionamento). En concreto, incoporáronse tres novos retos: o Reto express, Fotos de paseo e Xogos na casa.

As respostas recibidas nesta semana entre todos os centros reflectiron un total de 558 participacións. Ademais contabilizáronse 90 participacións en 17 videochamadas realizadas aos seguintes colexios: Alborada, Curros Enríquez, Juan Fdez. Latorre, M.ª Pita , Ramón de la Sagra, Raquel Camacho, Rosalía de Castro, Salgado Torres, San Fco. Javier, San Pedro de Visma, Wenceslao Fdez. Flórez, Zalaeta, María Mariño e Nosa Sra. do Rosario.

O XOGO

O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas que hai que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

  • Proba Corpo en forma: serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer na casa.
  • Proba Mente en forma: serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio participante, os luns, mércores e venres ás 12:00 h. Dispós de 36 horas para finalizar cada reto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión