Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Presentación do libro: "La niña del columpio", de Rebeca Cernadas e Miguel López

Cuándo:

03/06/2026

Inscripciones:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

19.00 horas.

Dirección:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Rebeca Cernadas Ameijeiras e Miguel López Vigo presentan na Biblioteca Ágora o seu primeiro libro "La niña del columpio". Achégate a descubrilo!

O mércores 3 de xuño ás 19.00 h a Biblioteca Municipal Ágora acollerá a presentación do libro "La niña del columpio", de Rebeca Cernadas Ameijeiras e Miguel López Vigo.

A obra, recentemente publicada na colección de Narrativa da editorial Medulia, narra a historia de Álvaro e Martina, dúas persoas de orixes diferentes cuxos camiños se cruzan a raíz dunha enfermidade que teñen en común, a Esclerose Múltiple (EM).

Un encontro coa literatura, o desafío e a sensibilidade da man de Rebeca Cernadas e Miguel López.

Descubre máis sobre o libro

Álvaro e Martina son de orixes diferentes, pero os seus camiños, aínda sen ser conscientes diso inicialmente, crúzanse na Costa da Morte. Un bo día coinciden no centro cívico de San Diego. Estaba a desenvolverse unha conferencia sobre a enfermidade que teñen en común, Esclerose Múltiple, algo que os uniría para sempre. Este matrimonio, que na actualidade emprega cadeira de rodas, é moi aventureiro. Apúntanse a calquera actividade xuntos, desde vela, surf e piragua ata concertos de todo tipo, divertidos monólogos e viaxes, como aquel magnífico e inesquecible cruceiro polo Mediterráneo.

(Sinopse editorial Medulia)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión