Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Publicada a listaxe definitiva dos 40 estudantes admitidos no programa Bolsas USA 2024-2025

Cuándo:

23 de febrero de 2024

Este martes 27 de febreiro (18.30 horas) terá lugar unha reunión coas familias das rapazas e rapaces seleccionados. Celebrarase no centro cívico municipal dos Mallos

Na web do Concello pode consultarse dende hoxe, 23 de febreiro, a listaxe definitiva dos 40 estudantes de 4º da ESO que poderán gozar o curso que vén das Bolsas USA dentro do programa 'A Coruña no mundo'.

Ábrese agora un prazo de cinco días hábiles, que abarcará desde o luns día 26 de febreiro ata o venres día 1 de marzo (ambos incluídos) para que as familias seleccionadas acepten a bolsa. Transcorrido devandito prazo sen que se produza tal comunicación, entenderase que renuncian á participación no programa.

Os mozos e mozas poderán cursar un ano escolar en Estados Unidos (de agosto de 2024 a xuño de 2025) en réxime de convivencia con familias, para perfeccionar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia de inmersión na cultura norteamericana.

Entre as novidades desta edición destaca un aumento da cantidade destinada a diñeiro de peto para os alumnos, e tamén de apoio aos gastos de preparación de viaxe para as familias que obteñan unha maior puntuación no criterio de situación económica familiar. Outra dos novidades é un mellor axuste ao concepto de familia nuclear para adaptarse ás novas realidades familiares.

Reunión coas familias este martes 27, no centro cívico dos Mallos

Cómpre lembrar que o vindeiro martes 27 de febreiro (18.30 horas) está prevista unha reunión coas familias das rapazas e rapaces seleccionados, co obxectivo de facilitarlles toda a información necesaria en relación ao programa.

A reunión terá lugar no centro cívico dos Mallos.

Programa al que pertenece

  • Becas EE.UU 2024-25

    El ayuntamiento de A Coruña, por medio de la Concejalía del Área de Bienestar Social de la que depende el Servicio de Educación, convoca el programa "A Coruña en el mundo: Bolsas EEUU 2024-2025 - 1º de Bachillerato en EEUU", en el que se ofrece la oportunidad al alumnado de 4º de ESO, residente en la ciudad de A Coruña, de cursar el grado 11 en EEUU -equivalente a 1º de Bachillerato- así como de adquirir un dominio avanzado de la lengua inglesa y un conocimiento real de otra cultura.

    Más información

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión