Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listaxes provisionais de seleccionados para Irlanda e de admitidos e non admitidos para Francia do programa Idiomas do Mundo

Cando:

3 de maio de 2023

Publícase a listaxe provisional de solicitudes seleccionadas, a listaxe de agarda e a listaxe de solicitudes excluídas correspondentes ao destino de Irlanda.

Ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte da súa publicación de para a presentación de posibles alegacións e reclamacións. Este prazo rematará, por tanto, o 18 de maio.

Debido ao menor número de prazas destinadas a Francia e á supresión do destino de Portugal, o número de prazas ofertadas para Irlanda é finalmente de 24.

En todo caso, a adxudicación das prazas queda condicionada á adxudicación do contrato para a xestión do programa.

Tamén se publican as listaxes de solicitudes admitidas e non admitidas para o destino de Francia, abríndose un prazo de dez días hábiles para a presentación de posibles reclamacións e a corrección da documentación que sexa precisa. O prazo finaliza o 18 de maio.

Programa ao que pertence

  • Idiomas do mundo 2023

    O programa educativo "Idiomas do Mundo"ofrece a oportunidade ao alumnado que cursou 1º de Bacharelato no curso 2022-23, de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2023, co obxectivo de mellorar a competencia nalgunha das linguas europeas máis faladas no mundo e poder acreditar de modo oficial o nivel alcanzado consonante o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

    Máis información

Documentos relacionados

  • Listaxe provisional seleccionados Irlanda (254 KB)
  • Admitidos e non admitidos Francia (455 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión