Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alimentación e consumo 2023-24

Ten como obxectivo facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable, concienciando o alumnado de que un consumo responsable terá un impacto positivo na nosa saúde.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE de todos os centros educativos da Coruña.

Obxecto:

O obxectivo da educación das persoas consumidoras é ensinarlle á cidadanía a destreza, a actitude e o coñecemento necesarios para vivir nunha sociedade baseada no consumo. Trátase dun compoñente fundamental da educación xeral, o cal debería apoiar as persoas consumidoras á hora de tratar de organizar as súas vidas cotiás dunha maneira sostible.

A educación a persoas consumidoras proporciona o coñecemento necesario para concienciar a cidadanía en comportamentos responsables e intelixentes nas súas relacións de consumo.

Os numerosos temas sobre a educación para o consumo pódense abordar con practicamente todas as materias de ensino e plans de estudo tradicionais.

A Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras (OMIC), dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa presentamos un conxunto de talleres prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo docente especializado no campo do consumo responsable e coordinado pola OMIC.

Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis adecuadas ao desenvolvemento curricular correspondente.

Ademais, os talleres compleméntanse con charlas para o equipo docente e familias. Deste xeito, toda a comunidade educativa pode formar parte do proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.

Duración e localización

Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.

No caso de que as sesións do centro educativo sexan de menos de 60 minutos consultar a posibilidade de reservar dúas sesións consecutivas para a correcta realización da actividade.

Os talleres poderán levar a cabo nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (C/ Costa da Palloza, 8)

Condicións do programa

- A planificación das actividades levará a cabo desde a OMIC, xunto coa persoa responsable de coordinar o programa no centro educativo e cuxo contacto figurará no formulario de inscrición.

- O número máximo de participantes por taller é de 25 (30 en secundaria), acompañados de forma preceptiva por persoal do centro educativo.

- No caso de que a demanda supere a dispoñibilidade de prazas outorgaranse as actividades por rigorosa orde de inscrición.

- Unha vez confirmadas as actividades, só será posible realizar cambios se existe unha causa xustificada e hai dispoñibilidade de datas. No caso de que a educadora asista na hora e data acordada e o taller non poida levar a cabo, este non se reprogramará.

- As actividades están deseñadas para diferentes grupos de idade, polo que se deberá ter en conta no momento de realizar a solicitude para garantir a calidade das mesmas.

- Tendo en conta que algúns centros teñen sesións de menos de 60 minutos de duración, recomendamos reservar dúas sesións de aula para a realización dalgúns dos talleres. É moi importante consultar isto á hora de fixar os horarios xa que mellora notablemente a realización da actividade.

- Procuraremos adaptar as actividades ás datas propostas polos centros tendo en conta a demanda e a organización. A data definitiva será confirmada ao centro por escrito procurando non realizar cambios.

- Para o correcto funcionamento do programa, fixaranse os talleres no menor número de xornadas posibles en cada centro.

- Os talleres poderán ser adaptados para alumnado con diversidade funcional e para grupos de educación especial. Recomendamos especificar as necesidades de cada grupo para que a actividade resulte significativa e motivadora.

Cando:

Dende o 11/09/2024 ata o 20/06/2025

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa dá Palloza, 8. A Coruña 15006

Lida Mª Branco Igrexas

Tel. 981 18 98 20

omic@coruna.es

www.coruna.es/omic

Documentos:

CORUNAEDUCA2425_CAST.pdf (1 MB)

CORUNAEDUCA2425_GAL.pdf (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión