Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Consello Local da Infancia da Coruña

O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o proceso de activación do Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC. Un proceso e un programa de participación infantil a desenvolver durante o curso escolar 2022-2023 que dá continuidade ao traballo realizado por un grupo de centros durante o pasado curso, que tivo a súa conclusión no Pleno Infantil celebrado en novembro de 2021. Nese encontro, as nenas e nenos participantes trasladaron a necesidade de constituír un órgano estable de participación infantil, garantindo o dereito á participación da infancia, recollido na Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989. O seu obxectivo último é constituír un grupo estable de traballo con nenas e nenos da cidade que traslade a voz da infancia ás políticas públicas do Concello.

A lista de reproducción de CLIAC no canle de YouTube de Educación e Memoria Histórica está dispoñible cos vídeos deste prograama.

Localización del centro:

Sólo de A Coruña

Servicio municipal:

Participación

¿A quién va dirigido?:

Alumnado e profesorado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña

Horario:

  • Webinar informativo para o profesorado interesado: 1 h (Outubro 2022)
  • Webinar informativo para as familias interesadas: 2 sesións de 1 h (Outubro 2022)
  • Sesión presencial de presentación dos materiais para o traballo autónomo en aula: 1 sesión de 90min. (27 de outubro as 18:00h no Centro Ágora (aula 9)
  • Sesións de traballo co grupo estable de participación infantil: 8 sesións de traballo de 2 h, en horario extraescolar (Xaneiro - abril 2023)
  • Sesión de constitución do CLIAC: 2 h (Maio 2023)

Precio / Coste:

Gratuíto.

Objeto:

  • Fomentar a participación cidadá entre a infancia da cidade, entendéndoa como un dereito básico deste segmento da poboación.
  • Constituír un grupo estable de traballo con nenas e nenos da cidade que traslade a voz dainfancia ás políticas públicas do Concello.
  • Dar continuidade ao traballo xa iniciado por un grupo de centros no 2021, aproveitando o xa xerado e consolidando ese núcleo activado.
  • Tecer rede entre os centros, docentes, familias e alumnas e alumnos interesados no ámbito da participación cidadá e a infancia.

O obxectivo último deste programa é a activación, en maio de 2023, do Consello Local da Infancia da Coruña, un órgano representativo onde nenas e nenos de toda a cidade sexan as representantes da infancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións en torno ás cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito a participación e levando á práctica o labor da cidadanía participativa.

Como pasos previos á constitución deste órgano, cómpre realizar un traballo previo coas crianzas,tanto nas aulas como fóra. Este traballo comezará liderado polo profesorado de 5º e 6º de Educación Primaria, que apoiados nunha guía didáctica para o traballo en aula, compartirán co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da Infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenas e nenos comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súa capacidade para formar parte do primeiro órgano representativo da infancia da cidade, convidándoas a candidatarse para o CLIAC.

Con este pequeno grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaranse sesións formativas en horario extraescolar, preparándoas para a participación na sesión de constitución do CLIAC que terá lugar en maio, aprobando así formalmente este novo órgano.

Cuándo:

Desde el 01/10/2022 hasta el 31/05/2023

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 15/09/2022 hasta el 16/01/2023

Acceso á ficha xeral

Acceso á ficha específica

Contacto:

Departamento de Educación

981 18 42 00 ext. 12041 // 12047

cliac@coruna.gal

Requisitos:

Poderá participar na actividade o alumnado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña. Para candidatarse epoder formar parte do CLIAC, deberán contar coa autorización das súas titoras ou titores legais. Écondición indispensable para a participación no proxecto a implicación dunha profesora ou profesorpor grupo.

Recursos materiales:

Dossier da actividade e guía para o traballo autónomo eu aula para oprofesorado.

Recursos humanos:

Equipo da empresa adxudicataria responsable do desenvolvemento do programa

Rexenerando, Sociedade Cooperativa galega

Más información:

Se queres coñecer máis sobre este proceso podes ver o seguinte vídeo.

Documentos relacionados

  • Participa no CLIAC (518 KB)
  • CLIAC 1ª Reunión (256 KB)
  • CLIAC_Modelo autorización familiar (46 KB)
  • CLIAC_Modelo autorización familiar_editable (609 KB)
  • CLIAC_Modelo candidatura (272 KB)
  • CLIAC_Modelo candidatura_editable (833 KB)
  • CLIAC_Modelo escrito de apoio (271 KB)
  • CLIAC_Modelo escrito de apoio_editable (832 KB)
  • GUIA--CLIAC (328 KB)

Teléfono de asistencia técnica de la web educativa municipal (981902327)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión