Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de abril de 2017

A concelleira de Igualdade reafirma o apoio do Concello á familia do rapaz falecido no Orzán “a través dun recurso de emerxencia” para facilitar o traslado ao seu país de orixe

Rocío Fraga agradece o labor do persoal municipal, así como do resto de profesionais, nas tarefas de rescate e posterior acompañamento, e fai notar o respaldo ás accións que se desenvolvan para recadar axudas para a familia

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, sinalou este xoves que o Concello activará os seus recursos sociais para respaldar á familia do mozo falecido o pasado luns na praia do Orzán, de cara a que esta poida afrontar os gastos derivados do falecemento, tanto polos importantes custos relativos ao traslado do corpo ao seu país de orixe, Senegal, como da perda de ingresos que está a sufrir por mor dos trámites destas semanas. Como indica Fraga, o Concello mantivo e mantén o contacto coas distintas entidades relacionadas coa comunidade senegalesa na cidade para ver cal era a mellor maneira de desenvolver o proceso, "toda vez que a familia de Moussa decidiu que quere que o corpo poida ser enterrado en Senegal, tal e como ocorre en moitos dos casos nesta comunidade". "Estamos valorando que recursos de emerxencia poden ser os máis acaídos neste caso", apunta a concelleira, que fai notar o apoio do Concello ás accións cívicas que se están organizando para recadar recursos que permitan á familia deste veciño realizar o traslado e o enterro.

A responsable municipal quixo trasladar tamén hoxe o agradecemento do Goberno local, tanto aos corpos de rescate como o resto de traballadoras e traballadores municipais e profesionais e voluntariado implicados, polo seu traballo dos últimos días, "xa que desde o primeiro momento a familia contou co apoio e acompañamento tanto do equipo da Cruz Vermella como do persoal municipal, como a  Policía Local ou a traballadora social da UAMI -a Unidade de Atención ás Persoas Migrantes-", que tamén estiveron en contacto coa comunidade escolar. Neste sentido, Fraga pon en valor o traballo que se realiza desde esta unidade, que, en contacto cos servizos sociais municipais,  é a encargada de activar e tramitar as axudas posibles neste caso, así como de realizar o seguimento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión