Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de Benestar e Apoderamento

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, presenta a Escola de Benestar e Apoderamento.

Trátase dun recurso dirixido principalmente a mulleres e adolescentes do concello, pero tamén ao conxunto da comunidade educativa. Conxúrase como un espazo de encontro, intercambio e formación onde darlle voz e lugar ao pensamento, ás experiencias e vivencias que teñen como protagonistas ás mulleres.

Conta cun programa de obradoiros formativos presenciais e conversas online que abranguen diferentes eixes temáticos:

• Canons, estereotipos e roles.

• Sexualidade.

• Ciberactivismo.

• Violencias machistas.

• Expresións artísticas.

• Autocoidado a través do adestramento físico.

  • As actividades son gratuítas e teñen límite de prazas.
  • O prazo de inscrición para cada actividade, con carácter xeral, pecharase 8 días antes do seu comezo.
  • As prazas serán asignadas por orde de inscrición ata completar o aforo.

Para inscribirte preme na seguinte ligazón.

PARA + INFORMACIÓN

Teléfono: 608 710 978 | Correo: escoladeapoderamento@coruna.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión